25.1.06

Contratos e dereitos

Era previsible que despois destas declaracións nos solicitasen estoutras. A denuncia que realizan os responsables actuais da AELG é inxusta por indiscriminada e o control que solicitan da Xunta é absurdo por innecesario. A clave da relación profesional entre autores e editores non está no control que poida establecer San Caetano e si, polo contra, nos acordos acadados entre eles e recollidos nun contrato de edición. Este documento privado (con indubidables repercusións xurídicas), obrigado pola lexislación europea de propiedade intelectual, regula a cesión que os autores (propietarios sempre da súa obra) realizan aos editores para que se ocupen da explotación comercial dos contidos da súa obra (sexan textos ou ilustracións). Cesión pactada nunhas determinadas condicións (linguas, formatos, tiraxes...), durante un tempo determinado e coas compensacións (económicas, exemplares de cortesía, etc.) pactadas libremente entre eles. Dende hai máis dunha década a Consellaría de Cultura ven esixindo a todos os editores a presentación dunha copia dos contratos de edición das obras que pretendan optar a calquera tipo de axudas, incluídas ás de produción editorial, destinadas á dotación bibliotecaria. A presentación de copias destes documentos tamén é requirida aos autores por parte de CEDRO para que eles poidan optar aos repartos económicos que realiza anualmente esta entidade de xestión de dereitos.
Sinceramente creo que esta proposta da AELG constitúe un erro que, desgrazadamente, pode prexudicar máis á imaxe do sector editorial galego (empeñado en profesionalizarse) que contribuír a solucionar os problemas que puidesen ter algúns dos seus socios. É unha obviedade que todos os escritores, tradutores ou ilustradores, cando publican un libro, deben asinar un contrato de edición e esixir ao editor que se respeten escrupulosamente as condicións pactadas entre eles. Nun sistema editorial normalizado, aí remataría o conto.

Marcadores:

20 Comments:

Anonymous Anônimo said...

efectivamente, pero se os editores non queren dar esos adiantos ou eses dereitos de autor...¿cal é para vostede a opción?...Porque xogan con ventaxa, se queres dereitos, non publicas... se non os queres publicas.
Eisto señor Bargado ocorre a cotío tanto a escritores, traductores ou ilustradores. E incluso hai moitas editoriais que directamente, non pagan a estos polo seu traballo.

12:59 AM  
Blogger Louzao said...

Pois a min ocórreseme que, se hai algunhas editoriais que teñen esas prácticas de non pagar, o que hai que facer é denuncialas, a esas en concreto, e non a todo o sector, que na súa gran maioría cumpre o pactado nos contratos. A Asociación de Escritores podería promover e ofrecer un servizo xurídico aos seus asociados, que esixise o cumprimento das cuestións legais. Sería a forma de presión máis eficaz para eses casos.
En canto ao que Anónimo di, creo que a opción correcta para un escritor é non publicar nunha editorial que lle negue os seus dereitos. Ninguén debera aceptar publicar sen asinar un contrato no que figure o realmente pactado.

8:55 AM  
Blogger Brétemas said...

Penso que Louzao atina de cheo. O que máis lamento desta polémica entre o gremio de editores e unha das asociacións de escritores non é o fondo do asunto (decisivo para acadar a profesionalización e madurez do noso sector), se non que sexa promovida por un medio ao que semellan gustarlle estas liortas entre os "gaeguistas da cultura". É curioso que se lle concedan dúas páxinas en apenas ddous días e, porén, a noticia sobre a aparición dunha novidade nunca ocupe tamaño espazo. Cando debatemos estas cuestións, non deberiamos esquecer estas sutilezas.

9:19 AM  
Blogger Veloso said...

Brétemas, creo que acabas de tocar un punto moi sensible sobre o que non se fala o suficiente. Por que certos medios de comunicación manteñen esa actitude de desdén cara a cultura galega, relegándoa a algo anecdótico e magnificando novas coma esta que tratades hoxe? Aínda me arrepío ao lembrar a moita importancia que lle deu a TVG ao pasamento de Cela e a pouca relevancia que tiveron, por exemplo, os funerais de Piñeiro, Filgueira ou Fraguas. E hai máis exemplos: o Faro de Vigo, nunha reportaxe na que falaba de traductores e dobradores, escolleu como titular "Los que viven del gallego". O clube Faro escolle como convidados a ducias de escritores alleos (o cal non está mal, o problema é a proporción) e deixa a nosa literatura exclusivamente para os fastos de maio. Por certo, a semana pasada estivo na nosa cidade Irene Lozano, coas súas teorías. O Faro non recolleu o ambiente claramente discrepante dun gran sector do público. Canto á Voz e a súa política de ninguneo absoluto, xa case mellor non falar. Perdoa, Brétemas, esta mensaxe tan longa e desordenada, pero hai cousas que me alporizan moito. Agardo que entre todos teñamos conciencia e sexamos quen de erguer a voz perante tantos que nos queren calados. Un saúdo.

11:48 AM  
Anonymous Anônimo said...

Estimado Brétemas, este comentario da Asociación non creo que fose por Xerais ou Galaxia. Nas respostas dos editores veise ben por onde ían e ónde tocaron óso. No tema da edición hai algún aproveitado, e iso é demostrable e evidente. ¿ A solución é levalo ó xulgado? Se houbese decencia non faría falta.

12:38 PM  
Anonymous Anônimo said...

Claro Bretemas, pero a asociación de editores representa aun colectivo e se nese colectivo hai 6 que o fan mal, o propio gremio de editores debería plantexarse en tomar mededidas a nivel asociativo para que esas editoriais incumplidoras dos dereitos mínimos
fagan dano ao propio gremio de editores.

Sabemos todos quen paga e quen non de sobra o que pasa é que hai moito editor que vive de subvencións e de non pagar a autores e iso en calquer outro tipo de empresa é explotación e inclumplimento cos traballadores...

Un saúdo Xulio

2:40 PM  
Blogger galeidoscopio said...

O problema é darlhes razóns obxectivas aos que procuran a desaparición da língua e da cultura galegas.
A publicación de moreas de lixo non contribúe à dignificación nen à expansión culturais se, ademais, non se fai o posível para vender o editado. Ficar en paraísos autocompracentes e alheios à realidade, tamén non. A prática da edición mendicante, muito menos. E culpar aos autores de non acadar a profesionalización é uma ideia que é melhor non tomar a sério.

4:08 PM  
Anonymous Anônimo said...

normal que no xornal se lle dé mais importancia a isto, Brétemas... primerio porque unha novidade editorial se sae a toda páxina é publicidade gratuita para unha empresa privada, mentras que nestas reportaxes se está a poñer sobre a mesa un problema cultural galego.
Pero claro, só nos gusta ver páxinas falando da crise do sector cando se trata de reclamar os libros de texto... porque beneficia ás editoriais, pero se falamos do problema do funcionamento dalgunhas destas entón cabrea.

Por certo, non sei porqué tomades isto coma un ataque persoal, xa que se estades a facer ben as cousas teríades que estar tranquilos...

Eu me preocuparía se fose unha desas empresas incumpridoras.

4:14 PM  
Blogger folerpa said...

Meu benquerido bretémas doutro lado da berreira é revelador o que conta Jaureguizar hoxe no seu bar.

6:59 PM  
Blogger folerpa said...

Como o control dos contratos de edición presentados para optar as subvenciósns sexa como o da bolsa de aluguer,avíados van os autores nalgunhas editoras.

7:24 PM  
Anonymous Obviamente said...

Aínda que hai matices entre unhas e outras editoriais galegas, e por moito que lle proa, Sr. Bragado, a verdade é que, aínda habendo contrato, hai un evidente escurantismo nisto dos dereitos de autor, por moito que se garden os formulismos legais.

Por exemplo, algunhas editoriais, entre elas a súa, descóntanlle ao autor exemplares agallasados e supostamente defectuosos. E se se vai ver, despois de varias edicións, a cantidade de exemplares agasallados ou defectuosos, esta é a todas luces desmesurada e inversosímil.
Por non falar do cutre % que lle queda ao autor.

Outras, non a súa, nin sequera fan a formalidade do contrato, e rouban limpamente aos autores. Así de claro.

E é moi habitual que moitos autores (non todos, claro) teñan que renunciar aos dereitos de autor se queren ver publicadas as súas obras.
E, por se fora pouco, teñen que lle quedar eternamente agradecidos.

Todo isto, disimúlese como se queira, é algo incuestionable.

Hai dúcias e dúcias de autores que darían fe de todo isto.

Fan falta nomes concretos de editoriais?

8:54 PM  
Blogger Brétemas said...

A pesar do expresado por algúns comentaristas, estou convencido de que a maioría dos editores galegos non somos nin escurantistas na liquidación dos dereitos de autor nin autocomplacientes coa recepción das nosas edicións.
Prego as maiores desculpas por deixarme levar pola miña inxenuidade é lamentar o escaso espazo dedicado as nosas novidades nas páxinas de cultura dos xornais. Comprendín que, para algúns comentaristas anónimos, a pesar de que é unha práctica que se dá en todos os países do noso entorno, isto no noso constitúe unha publicidade gratuita para unha empresa privada.
A polémica de hoxe é unha boa lección para aprender a ter a boca calada durante unha boa tempada.

10:21 PM  
Anonymous Lola said...

¡Home, non! A boca calada, só cando a lle apeteza, non sei se é o caso. As persoas que lemos o seu blog temos criterio, e tamén temos opinión sobre as respostas que provoca ("¡moito escribe este Anónimo!", como dicía unha amiga miña do Bacharelato cando liamos a Antología de Textos de Lengua Castellana).
No meu caso, concordo con algunhas das contestacións, mais outras parécenme espectaculares (a de que os xornais non informen dos libros que aparecen, porque sería propaganda para a editora de turno, é sublime).

8:25 AM  
Anonymous polo dez por cento xa said...

Pode un sindicato estar presidido por un empresario? A AELG si o está, agora con Cesáreo, boss de A Nosa Terra, e antes con Fernán-Vello, boss de Espiral Maior, dúas desas editoras que non cumpren cos autores, porque seica temos que ser patriotas. Patriotas si, mais non idiotas. Que demita Cesáreo ou que denuncie a A Nosa Terra, ha!!!
Xerais ou Galaxia non son o problema, mais o problema existe.
Que Brétemas fale das novidades e demais é mesturar allos con cebolas
pois ese non era o tema, aí todos estamos dacordo, ou non?

9:39 AM  
Anonymous Anônimo said...

Acredito o que di "polo dez por cento" ao cento por cento

10:13 AM  
Blogger folerpa said...

A revolta irmandiña medra: agora sumánse a fusquenlla ilustradora.

11:23 AM  
Anonymous Anônimo said...

Non dixen tal... folerpa.
Só aclarei que é lóxico que un xornal lle de máis cabida a unha noticia cultural importante, como é o estado editorial galego, que a unha presentación dun libro editado. Non falei en nengún momento de que non o sacasen na prensa só que é lóxico que o espazo neste tipo de noticias sexa maior.

4:54 PM  
Anonymous Anônimo said...

Si, o Cesáreo ten un morro que o pisa.

Se hai unha editorial que nin fai contrato nin paga aos autores, esa é A Nosa Terra.

Isto de Cesáreo reclamando o que el non fai, é pura é dura esquizofrenia.

8:50 PM  
Anonymous Diego de Lemos said...

Nada de fusquenlla ilustradora, Folerpa.

Os ilustradores non van a paga-la "facendeira", Sr Bragado & Co!

ABAIXO AS FORTALEZAS DE PAPEL!!!!

Jejejej

11:13 PM  
Anonymous autor said...

Que a Xunta medie no asunto non é unha petición absurda: no se pode deixar todo ó control duns contratos privados editor/autor como vostedes propoñen: primeiro porque moitos deses contratos teñen cláusulas abusivas -cando non ilegais-, e non son produto dunha negociación, senón dunha imposición unilateral (a editora), e o segundo motivo polo que a mediación do Goberno non é absurda explícase cun sinxelo exemplo: ainda que todos coñezamos a regras do fútbol, e o regramento estea escrito, ainda así á hora de xogar SEMPRE é necesaria a figura dun árbitro. É un garante de respeto as normas.

2:34 PM  

Postar um comentário

<< Home