Día Escolar pola Paz
Marcadores: Educación_para_a_Paz, Efemérides, Imaxes
Notas do traballo de edición
Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina
Marcadores: Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Imaxes, Palestina
Marcadores: Educación, Efemérides, Imaxes
Marcadores: Autores, Imaxes, Literatura infantil e xuvenil
– A revista TioVivo comezou a publicarse semanalmente en 1957 promovida por un grupo de historietistas da editorial Bruguera (entre eles Peñarroya, o autor desta portada), agrupados na Cooperativa D.E.R. (Dibujantes Españoles Reunidos). A partir de 1961 foi adquirida por Bruguera que iniciou unha nova numeración. Entendo que esta plana corresponde a esta segunda etapa. Sendo a numeración da plana que reproducimos, 176, o ano previsible da súa publicación debería ser 1964.
– A empregada galega recórdalle a Pepe "El Hincha" que Luisito Suárez e Amancio son os mellores xogadores do mundo. Recordemos que Amancio Amaro, o memorable extremo do Deportivo da Coruña, fichou polo Real Madrid (formando parte da selección española que en 1964 gañou o campionato europeo) en 1962 e Luis Suárez (quizais o mellor xogador galego de todos os tempos), fichou polo Barcelona en 1953 e logo polo Inter en 1961. Outra referencia a un futbolista galego na plana é a de Pahiño (o afouto goleador de Navia, fichado polo Real Madrid ao Celta no ano 1948).
– Cruzando esta información, semella que é verosímil afirmar que esta plana de TioVivo está datada en 1964, un ano no que competiron en primeira división o Pontevedra (liga 1963-64) e o Deportivo da Coruña (liga 1964-65), ambos os dous descendidos ao remate de senllas tempadas. Razón pola que ese simpático "Panduriño", apupado pola empregada, podería ser o Pontevedra ou o Deportivo da Coruña.
Marcadores: Imaxes, Presentacións, Slideshare, Xerais