26.4.05

Crise nas feiras do libro

Algo non corre ben na organización das Feiras do Libro de Galicia. Soubemos que hai problemas para celebrar a Feira de Ferrol (prevista para coincidir co 17 de maio) por falta de candidatos para ocupar as casetas. A languidez da actual feira de Santiago non anima a ser tampouco optimistas. Esta é a crise do sector libreiro que se anuncia? Como podemos reconducir este modelo de promoción do libro?

4 Comments:

Blogger dorfun said...

...en ferrol os libreiros non lle ven o sentido comercial á feira... estaría ben buscarllo? ...ou habería que convertir iso nunha "feira" literal? ...o de sempre negocio vs. cultura!

6:42 PM  
Blogger Jaureguizar said...

Eu fun asinar o ano pasado e aínda merquei un par de libros do Lobo que non tiña, porque de asinar nada... os ferroláns non dan moitos folgos para pasar unha mañá de sábado nunha caseta.

9:44 AM  
Blogger Jaureguizar said...

O de non asinar non foi por non levar eu bolígrafo, foi porque non había nin deus. Eu e unha rapaza fómoslle ao contacontos a Cándido Pazó e el pasoume pola caseta. Pero iso é todo.

9:46 AM  
Anonymous Anônimo said...

Será que o lector en galego pasa un pouco da quincalla festiva (no meu caso, por exemplo) e decide mercar o libro sen ter en conta a data, nen o desconto. A min, dende logo, paréceme unha soberana paifocada iso das feiras. Agás que sexa de libro vello e de ocasión. Outra cousa é cando asina un autor. Aí xa tira un chisco, e a preguiza ás veces toma pulo para me acercares ás casetas. A cultura e o mercado non teñen porque estar reñidos. Unha non existe sen a outrta.

7:40 PM  

Postar um comentário

<< Home