19.4.05

O portugués e o galego

Jaureguizar participa na polémica sobre as relacións entre o portugués o galego, suscitada en Periférica tras a publicación o mes pasado do adianto da novela de Rivas. Que dous intelectuais portugueses debatan con argumentos poderosos sobre a nosa lingua é unha magnífica noticia. Amosa que, afortunadamente, son cada día máis as persoas interesadas en Portugal pola lingua e cultura galegas.
Agardamos impacientes os comentarios de Jaure, que nestes días anda predicando en universidades portuguesas do norte, sobre as relacións entre o portugués e o galego.

2 Comments:

Blogger Jaureguizar said...

Si, ese debate ten altura e educación. Non coma o que se está dando no Portal Galego da Lingua, onde hai uns poucos que se erixiron na Garda Suíza do reintegracionismo. A maioría non concorda con eles, que quede claro. Pero, Brétemas, vostede que ten amigos en Xerais, debería mirar o debate 'As relacións entre as literaturas galega e portuguesas' porque non hai soamente para un seguro servidor, tamén hai para a editora "regional espanhola"

9:59 AM  
Blogger Brétemas said...

Ben vin ese comentario, atribuíble á ignorancia (non sei se interesada) sobre a nosa realidade editorial, case idéntica a que manteñen sectores reintegracionistas sobre a portuguesa. A pesar da altura do debate de Periférica, existen moitos prexuízos sobre a realidade cultural galega. Ven máis para Madrid (abonda con consultar algúns blos portugueses, que seguen as novidades en castelán mellor ca nós) que para arriba do río grande.

12:06 PM  

Postar um comentário

<< Home