21.4.05

Ser ou non ser

A noticia do adianto, víase vir, coincídeme coa chegada por correo do último número da magnífica revista Murguía. Alí aparece reproducido un artigo de Otero Pedrayo, "Ser ou non ser".
No día de hoxe este texto, publicado naquela A Nosa Terra do exilio, non pode ser máis oportuno. Reproduzo só, pola súa vixencia, o primeiro parágrafo:
Os que tódolos días pensamos no porvir da Galiza zugamos da Terra Nai esperanzas dabondo pra seguir vivindo. Mais as veces considerando a xiada indeferenza dunha grande parte da opinión galega, síntese senón dúbida unha ferinte vergonza.

Marcadores:

5 Comments:

Blogger hojasdehierba said...

Os que vivimos fóra de Galiza sabemos moito desa sensación de vergoña da que falaba Otero... Cada vez que sae Fraga na tele estatal, cachondeito dos compañeiros de traballo...
Se segue a maioría absoluta, tocará outra tempada coa cabeciña baixa, pensando que, polo menos, non chegará aquí o son dos gaiteiros.
Saúdos.
Hai Cada

9:49 PM  
Blogger Rogério Santos said...

Olá.
Apesar de não "jogar" habitualmente em cadeias de solidariedade, enviaram-me uma e eu preciso de arranjar três blogueiros(as) [bitácoras] que queiram participar. Pode participar? Se sim, diga-me, para eu colocar amanhã no meu blogue. As perguntas que eu colocarei (e responderei no meu blogue) serão as seguintes (depois terá de procurar mais três blogues, etc.).
Cumprimentos.
Rogério Santos (http://industrias-culturais.blogspot.com)

1. Não podendo sair do "Fahrenheit 451", que livro quererias ser?
2. Já alguma vez ficaste apanhadinho(a) por um personagem de ficção?
3. Qual foi o último livro que compraste?
4. Qual o último livro que leste?
5. Que livros estás a ler?
6. Que livros (5) levarias para uma ilha deserta?
7. A quem vais passar este testemunho (três pessoas) e porquê?

11:12 PM  
Blogger Brétemas said...

Participo, caro Rogerio.

7:56 AM  
Blogger Plattdorf said...

Vergoña, esa é a palabra. E estando en Galiza a vergoña pódese levar con certa facilidade porque estás na casa. Pero fóra? Todas as horas que eu pasei dando explicacións sobre os resultados das últimas municipais despois de arrastrar xente e xente aos actos de Nunca Máis Berlín?

1:11 PM  
Blogger randiland said...

Rogerio... engado unha mais...
que libro levarias a Plutón (xa está ben de illas desertas) e qué blog...

apertas

3:28 PM  

Postar um comentário

<< Home