21.5.05

Cambio galego


Anxo Quintana e Carmen Adán

Onte asistín á conferencia de Quin. O público, a maioría militantes, entregado. Bonita e sobria a presentación de Carmen. A intervención do candidato clara, didáctica, moi ben estruturada, aínda que, na miña opinión, falta dun chisco de emoción (algo que podería corrixir doadamente). Fixo múltiples referencias a necesidade do "cambio" (a palabra maldita", adxectivándoa, nalgúns caso, como "galego"). Gustoume moito a súa defensa da rexeneración democrática e a proposta de redistribución de oportunidades; sen embargo, as referencias ao desenvolvemento do autogoberno (Novo Estatuto e novo modelo de financiamento) foron máis vagas. Na proposta de esquema de goberno (moi moderna e innovadora) botei en falta unha referencia máis explícita ao enfoque da política cultural e lingüística (apenas a creación do Instituto Castelao de promoción da lingua e literatura galegas no exterior), que semellaría axeitada que fose no seu modelo unha área de carácter transversal. Por último, aconsellaríalle con todo o agarimo que nas súas intervencións fixese unha referencia a Beiras, que ben a merece, e, por riba, alentaría a confianza do público.
En fin, Quin amosou un bo ton para acometer a difícil empresa que lle agarda nas vindeiras semanas.

Marcadores:

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Pois que queres que che diga. Durante o acto, fixen o experimento de por no lugar de Quintana a Touriño... e funcionoume. O que Quintana dixo no Caixanova pode dicilo sen maior problema, matiz máis, matiz menos, Touriño. Persoalmente pareceume un discurso plano. Ou sexa, nin tanto (Beiras) nin tan pouco (Quintana). Carme Adaán, da que me consta a súa valía profesional, entendo que non ten o carisma mínimo para ser a número un por Pontevedra. Non quero imaxinar un debate dela cos primeiros de lista do PP e do PSOE. En fin, Quintana apostou por laminar, partir non de cero, máis ben de "baixo cero" nas candidaturas e agora toca apandar. Eu non che son Beirista, mais é de tolos prescindir do seu tirón. O mesmo digo de Camilo. Por que? Quintana, home gris, que todo, todo o que di e fai é por indicación do seu "asesor" Antón Losada, non pode permitir sombra ningunha. Beiras dicía que Quin ten complexo de inferioridaede. Eu non creo que teña complexo, siomplemente é inferior. Que os deuses repartan sorte...

1:31 AM  
Blogger Brétemas said...

Quixen facer comentarios só sobre a intervención que oín. Neste período tan decisivo decidín aforrar outras valoracións. O discurso de Quintana é de laboratorio (dígoo pola súa elaboración), imitando máis o estilo Zapatero ca o de calquera político nacionalista que coñezamos.
Sobre Carmen Adán coincido na súa valía profesional e persoal. Fáltalle experiencia política, que non dubido que adquirirá. Non o debe estar pasando moi ben estes días. Cómpre agardar que pase este temporal...

10:57 PM  
Anonymous Anônimo said...

Estou de acordo con Brétemas en que a Quintana lle falta un chisco de emoción como comunicador. Pero á parte diso, creo que é tremendamente didáctico (algo fabuloso) e sabe qué temas lle fan máis dano aos seus contrincantes (algo tan sinxelo como saber poñer en evidencia as súas contradicións).

O venres pasado saíu en El País a entrevista máis manipulada e vergonzante (e maleducada) que lin en moito tempo. Lendo as respostas de Quintana, eu creo que lle poderíamos dar, cando menos, un voto de confianza, non si?

A entrevista á que me refiro copiárona nun Foro de vieiros:

buscador.vieiros.com/comunidade/foros/read.php?f=9&i=50439&t=50439

(O venres, ao saír do traballo, merquei El País tan só para comprobar que esa entrevista existía).

8:18 AM  
Anonymous Anônimo said...

Acabo de ler esta noticia en La Voz. Aínda que non é o que di Brétemas (que Quintana fale de Beiras nas súas charlas-presentacións), penso que é un xesto meritorio para que a relación Quintana-Beiras volva ao camiño que nunca debeu abandonar.

En todo caso, dicir que penso que este é o momento de apoiar a Quintana e ao BNG con todas as nosas forzas.

8:40 AM  
Blogger randiland said...

Non estiven no mitin... pero de seguro que si estivese por Vigo ises días atoparía outra actividade alternativa... que non estou para perde-lo tempo. Sí fun ó mitin de Quintana en Ribeira e pareceume moi político... ó bng fáltalle un orador mais encendido e unha posta en escea espectacular que vigorize ós simpatizantes. Eche o que temos... en ningún dos tres partidos con representacion no parlamento há un tribuno con magnetismo. Ó millor é o que necesita o bng agora mesmo... conexión tarifa plana. Recoñezolle a Quin xeito nas formas e empatía no contacto (do que presume) pero tamén lle critico que abra un blo unidireccional no que pide que lle acheguemos as nosas opinions para que despois non sexa queN nin de por un autoresponder de cortesía para dar conta delas. Nada, mudo, obscuro... o blo de quin ten a rara cualidade de selo único de via unica.

11:30 AM  

Postar um comentário

<< Home