6.8.05

Tres libros de política

Estes días ando ultimando a edición de tres libros, que pretendo aparezan no outono, doutras tres persoas claves para entender Galicia nos últimos corenta anos: unhas conversas políticas e literarias con Méndez Ferrín, unha recompilación de traballos de Xosé Luís Barreiro Rivas sobre a guerra (O que eu sei e Bush non sabe), e un novo libro de ensaios políticos de Camilo Nogueira. Os tres falando a corazón aberto de Política, propoñendo rotas na cartografía do devir do noso tempo.
Forma parte das miñas esperanzas que un dos maiores beneficios que vaia achegar o novo goberno conxunto é propiciar na sociedade civil un gran debate sobre o futuro do país (Estatuto, financiamento, autogoberno, políticas sectoriais...), devolvéndolle así a dignidade e a racionalidade ao debate político. Nesa perspectiva pretendo presentar estes tres libros de política, protagonizados por tres persoas imprescindibles que teñen moito, moito que dicir na configuración deste novo tempo.

Marcadores:

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Para cando o de Camilo?

4:25 AM  
Blogger O Fuco said...

Moi interesantes, tes tres exemplares vendidos seguro.

4:15 PM  
Anonymous Anônimo said...

Interesante otoño el que propones. ¿Quién hace el libro con Ferrín?

6:06 PM  
Blogger Brétemas said...

Onte acordamos o título do libro de Camilo: "A terra cantada". Aparecerá a comezos do mes de novembro.
O lbiro de conversas con Ferrín está preparado por Xosé Maneul del Caño, aparecerá nos primeiros días de outubro.

7:21 PM  

Postar um comentário

<< Home