9.9.05

Os malos da película

Miguel Anxo Fernán Vello, o noso coraxudo presidente dos editores galegos, explica hoxe nun artigo precioso quén somos os malos da película. Beizóns, Miguel Anxo!!!

Marcadores:

5 Comments:

Blogger Ababoro said...

"...Cando o espírito crítico e construtivo desaparece –algo que é pura dialéctica necesaria–, avanza sempre un paso máis o "deserto", a negación, o desencontro" escribe Fernán Vello.

Pois eu votei vai unhas semanas para botar iso do goberno da Xunta.
¿Non cabe unha reconducción do asunto?

Apertas.

10:12 AM  
Anonymous Anônimo said...

Moi bonito o artigo e moi ben escrito: faltaría máis nun escritor profesional! Pero rezuma puro e duro victimismo por todas partes. Non, non é certo que sexades os malos da película, en absoluto, para nada, nego a maior. Nin Bragado, nin Fernán-Vello, nin ningún outro, son inimigos de nada nin de ninguén. Tan só que hai que hai xente que non concorda(mos) coa vosa posición, que nos parece sesgada e que non contempla os intereses xerais. A pouco que vos poñades de seguro que chegaredes a fórmulas razonables que conxuguen o xeral e o particular (isto é, os vosos intereses en tanto que editores). Cando así sexa, non dubidedes de que teredes un apoio maioritario, cousa que, polo que parece, non é caso hoxe por hoxe. E cando así sexa, esperemos que os poderes públicos tamén sexan (pois é fundamental) receptivos as vosas propostas. Por exemplo, ¿por que non pensades os desa Mesa que se vai constituír nun ambicioso plano plurianual para a potenciación da lectura e das bibliotecas públicas? Un plano que, por suposto pero non unicamente, implique que se eleve o número de exemplares que vos mercan. Apertas cordiais.

9:43 PM  
Blogger Louzao said...

É evidente que Florencio segue desde hai pouco tempo este blog. De non ser así, sabería que Brétemas xa informou repetidas veces sobre ese plano plurianual de lectura e potenciación das bibliotecas; a última concreción son os textos elaborados pola Mesa do Libro hai algúns meses.
É difícil contrastar con Florencio, dado que sempre usa o plural (portavoz dun colectivo?) e eu, un máis limitado singular. Pero recoñecerá comigo en que a idea que quedou na sociedade estes días é que os editores e libreiros se opoñen á gratuidade (sic) dos libros de texto, cando nin remotamente é así (pódense ler os documentos da Asociación de Editores ao respecto, están na Rede desde ben antes das pasadas eleccións). E que o facían exclusivamente polos cartos, cando o que parece máis preocupante é a viabilidade dunha industria cultural galega forte e autónoma.
Eu non lle chamaría "victimismo" a queixarse porque as súas ideas queden terxiversadas ante a opinión pública, promovendo a imaxe de editores e libreiros como persoas que se opoñen ao ben común da maioría. Editores e libreiros, dúas pezas imprescindibles se de verdade se quere construír un tecido cultural forte e non dependente.

11:34 AM  
Anonymous Anônimo said...

O amigo Louzao, unha vez máis, fai xuízos de valor das miñas palabras, e atribúelle unhas intencións perversas.
En primeiro lugar, que eu sega ou non este blog (non haberá outra palabras máis enxebre que esta tan horrible e colonizada?) desde hai moito ou pouco tempo, non significa absolutamente nada. Podo telo ollado outras veces e non lembrar o do plano. Ou ben ser a primeira vez que o fago. E que importancia ten todo isto, digo eu? Amigo Lozao: É que hai que ter pedrigrí ou dereitos de antiguidade para opinar aquí?
En segundo lugar, eu falaba dun plano ambicioso e non sei se o citado o é. Pido a Bragado que, se pode e non lle dá moito traballo, o colge aquí, nos refresque a memoria e poidamos opinar sobre el.
En terceiro lugar, Louzao achácame ser portavoz dun colectivo porque, segundo el, seica falo en plural (????). Obviamente non o son, e postos a ser portavoz oculto, pois ao mellor el tiña moito máis que dicir.
E, last but not least, o amigo Louzao aínda non se dignou a constestar ao que eu lle pedía noutro intercambio de opinións. Que non se escaquee! que dea el os datos que tan graciosamente lle pide aos outros! e que nos gratifique con esa análise tan atinada! Estamos á espera, ansiosos.
Saúdos cordiais.

8:09 PM  
Anonymous Anônimo said...

O único sensato que ouvín sobre o desastre social do furacán Katrina foi a recomendación a todos aqueles que pregoaban as bondandes do desastre que colleran unha pala e empezaran por derrubar a sua casa, se meteran nun cuarto pechado -tirando fóra a chave- e comeran e defecaran no mesmo cuartiño.
Todo fose para que lles entrara na cabeza as "bondades".
Agora escoito que pregoan as bondades do "préstamo" de libros que algúns interesadamente queren pasar por "gratuidade" dos libros...
Miro cara a miña esquerda e vexo a miña biblioteca ateigada dos meus antigos libros escolares, incluso gardo como unha lembranza da miña infancia o abecedario que usei na gardería das ladeiras do Castro vigués.
Ben. Os libros son caros, certo, como o son os cubatas de fin de noite, ao igual cas salas de cine, e a gasofa coa que enchemos o depósito dos coches... E sen embargo, non vexo a niguén brincar de ledicia pola idea que nos fagan usar o mesmo cubata, e o mesmo coche que tiveron hai anos outros como nós. Non.
Unha achega:
Alguén pensou que o medio máis correcto de aforrar o custo dos libros sería algo tan obvio, edificante, avanzado e integrador como dotar no IRPF dunha dedución na base impoñíbel polo importe xustificado até un tope dos libros?
Deste xeito, os libros serían "gratuitos" nas contas familiares, non se danaría unha industria vital para calquera país, e se mantería a medida progresiva: os máis ricos evitarían o pago de menos impostos que os menos ricos, á vez que estariamos incentivando a declaración impositiva de máis familias.

12:48 AM  

Postar um comentário

<< Home