5.11.05

O libro electrónico

Na Mesa Redonda sobre "Edición e Novas Tecnoloxías", tanto Catuxa como Manolo Gago abordaron a cuestión do libro electrónico. Para min foi este un dos momentos máis interesantes do Simposio.

Catuxa Seoane (a súa intervención pode descargarse aquí) explicou con gran claridade (se cair en facer unha apoloxía) cales deben ser as características do libro electrónico, insistindo na importancia de deseñar tanto o produto, a interacción como a súa presentación; ao tempo, que sinalou a necesidade de respectar os criterios de usabilidade e accesabilidade. Quedei cunha idea fundamental dela: os documentos electrónicos requiren un novo tipo de lectura.

Manolo Gago abordou as tendencias que albisca no libro electrónico (a súa ponencia completa pode descargarse aquí), deténdose na experiencia que se desenvolve neste tipo de edición dende o CCG. Pareceume moi interesante a idea que expuxo sobre a "redistribución no libro electrónico do contido e a súa integración nos estilos de vida"; ademais, anotei algunhas das súas conclusións máis salientables:
1. A importancia do posicionamento e da promoción na rede deste tipo de produtos nunha web promocional.
2. A segmentación de formatos.
3. A edición dun libro "sen fin" (un contido sempre actualizado).
4. A necesidade de atopar un marco de dereitos máis flexible.
5. Aproveitar a interacción multimedia.
6. As posibilidades deste tipo de edición para a edición científico-técnica.

Na Mesa sobre "A edición en lingua galega e as aplicacións educativas", Luz Castro de Imaxin Software tamén falou da usabilidade das aplicacións dixitais e das vantaxes do emprego do hipertexto. Presentou unhas interesantes experiencias de edición de teses de doutoramento en soporte dixital e dunha serie de xogos educativos conversacionais.

Marcadores:

13 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Xa está en línea: O documento electrónico. Características e diseño da edición electrónica (pdf)

3:06 PM  
Blogger Brétemas said...

Moito obrigado, Catuxa. A túa intervención foi magnífica. Mágoa que non houbese mesa redonda como tal. O tempo non chegou para que houbese verdadeiramente un debate. reitero os meus parabéns.

8:43 PM  
Anonymous Anônimo said...

Manuel, non logrei identificarte, pero agradecezoche moito a oportunidade que me brindaches.

10:53 PM  
Anonymous Anônimo said...

Lendo o texto de Catuxa, e no remate na sua tese, penso o seguinte reflexionado sobre os usuarios finais dos libros.
Hai anos, nun curso que impartín de iniciación ás novas tecnoloxías en Lugo, cheguei á conclusión de que hai que contar coa diversidade dos usuarios finais, tanto nos seus coñecementos, as suas actitudes e aptitudes ao inicio e ao final dun curso.
Por analoxía, podemos estar no caso dos libros pendentes do efecto que as novas tecnoloxías causan nos actuais usuarios, e nos vindeiros.
Talvez un usuario educado no libro en papel non estea, salvo os máis avezados, predisposto a ler nunha pantalla líquida.
Máis é importante sinalar que o soporte dixital que hoxe nos permite
ler un libro, por exemplo un monitor de pc non é en último caso a tecnoloxía coa que se está a preparar a lectura dixitalizada.
Hai case 6 anos no MIT xa probaban pantallas capaces de dobrase como follas de papel, capaces de editar texto lexible en óptimas condicións.
Imaxinamos, pois, a un pequeno cunha pequena folla dixital que pesa menos de 10 gramos tumbado sobre a area da praia, facendo pequenos ramdoms -sensación dixitalizada de follear un libro ao chou- ao tempo que consulta en vivo o resultado do Celta?

11:57 PM  
Blogger Brétemas said...

Entre tanto rebumbio nin sequera puiden achegarme a saudarte. Desculpas, por favor. Foi un pracer contar coa túa participación. Continuaremos en contacto. Agardo que poidamos compartir algún día un cafetiño.

12:01 AM  
Anonymous Anônimo said...

http://www.media.mit.edu/micromedia/elecpaper.html
Esté o enlace que leva ao proxecto do Mit en materia de papel electrónico.

12:06 AM  
Anonymous Anônimo said...

http://www.eink.com/products/matrix/High_Res.html
E este link leva á páxina oficial de Elink e a presentación dun lector de Sony que vai na tese de que o papel vai ir sendo substituido.

12:16 AM  
Anonymous Anônimo said...

Agradécese fondamente a cortesía de non facer a máís mínima referencia á miña intervención (creo que a única de todo o simposio da que no hai referencia no blog). ¿Tan mala ou fóra de lugar foi? Un saúdo.

4:18 PM  
Blogger Brétemas said...

Juan: aínda non acabei o traballo, fillo. Quédanme tres intervencións a túa, a de Manuel Brarreiro e a de Galinus, mais a conferencia de García Bobadavilla. Sinto a túa impaciencia. Claro que me interesou moito o que expresaches como poderás comprobar. Saúdos afectuosos.

8:10 PM  
Anonymous Anônimo said...

Benquerido Brétemas:

Non se trataba tanto de impaciencia, canto de estrañeza pola ausencia de referencias cando xa as había aos outros membros da mesa. Descoñecía que a cousa se debese exclusivamente a tempo. Polo tanto, o que ten que pedir desculpas son eu. Unha aperta.

8:22 PM  
Blogger juan l. blanco valdés said...

A propósito do libro electrónico/dixital, o texto que colguei hai uns días no meu blog (traducido do seu inglés orixinal, tal vez o coñezades) é, ademais de moi divertido, moi incitante á reflexión e, creo, entronca con algo que comentou Catuxa Seoane na súa intervención sobre a pervivencia da idea tradicional do libro. Saúdos.

8:42 PM  
Blogger www.77yum.com said...

a片女星
線上免費試看短片a片
情色a片
校園美女影音視訊網
a片
Jav免費a片
影音視訊美女
彩虹情人視訊交友網
視訊網愛聊天

2:54 PM  
Anonymous Anônimo said...

Bisnis
indonesia
lampung
Lampung
Lampung
Lampung
Elektronika
Bisnis

5:36 AM  

Postar um comentário

<< Home