25.12.05

Poeta de cidades

Magnífica esta crítica do último libro de poemas de Ramiro que presentaremos o vindeiro mércores.

Marcadores: ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

En galicia non se recoñece o xenio poético de Ramiro Fonte. O único poeta, ao meu parecer, que escribe con xeito. Por que unha reseña do ABC?. Os suplemnetos literarios aquí non teñen esa calidade?. Refírome ao Faro de Vigo ou a A Nosa Terra, os únicos que se preocupan da nosa producción. Qué opina vostede, Señor Bragado, da pouco importancia que se lles da os suplementos literarios en Galicia?.

Unha aperta. E Felices Festas.

6:02 PM  
Blogger llll said...

"o único poeta que escribe con xeito"...

moi superficial a súa visión.

a cantos poetas galegos leu vostede?

coido que a lista é máis longa...

9:22 PM  
Blogger llll said...

""Veño de Brétemas, non sei se me lembrarás. Ben, imos ver: Fai unha lista dos poetas galegas - por orde de preferencia - que consideres "con xeito". Agradecereicho, obviamente. NOn teño nada encontra de ningún poeta. Pero a ver en cantos coincidimos.

Bonito blog, por certo. E Bo Nadal, Cartafol de silencios.

E, se fas o favor, pódesme recomendar algunha lectura ( a ser posible poetas novos). Grazas novamente.

Claudio. ""

a ver.
a cabeza turrou de min moitos poetas, e escríboche algúns.

dos que xa levan tempo publicando, eu quédome con Manuel Forcadela (xenial Lámpada e Medusa), Ferrín (cómo puideches esquecer a Ferrín), Lois Pereiro (Poemas de amor e enfermidade), Xosé Manuel Rodríguez Baixeiras (excelente traductor, non só poeta), Darío Xoán Cabana (grande dominio da forma), Luz Pozo Garza (elegancia personificada), Bernardino Graña (Se o nóso amor e os peixes Sar arriba andasen), Anxo Angueira (O valo de Manselle, tan peculiar), o consagrado Manolo Rivas (excelente e tan esquecida Mohicania, cos éxitos qu e lle seguiron despois), e unha lista que se fai longa de máis para seguir escribindo.

logo, respecto ós poetas novos. en serio que non liches nada de María Lado? iso non se perdoa. tampouco que esquezas a poetas como Kiko Neves (Ruído de Motos, Un poema de amor, Centoonce). o recén descuberto Eduardo Estévez foi tamén unha predilección. esquéceste de Frank Meyer e a súa forma de narrar o amor, a retranca de Manuel Cortés, os poemas de Sechu Sende en Odiseas. e qué me dis do Far West de Carlos Negro, esa revisión tan aguda da nosa Galiza. e mais Celso Fernández Sanmartín, espectacularmente fresco, renovado. Olaia Cociña foi tamén todo un descubrimento (As vértebras da memoria). e todo un listado longo de poetas de sempre e máis de agora que me deixo no tinteiro.

no teu post en Brétemas sinalabas a Ramiro Fonte coma o único poeta que pagaba a pena en Galiza. e eu creo que non se pode xeralizar dese xeito, tan á lixeira. paréceme inxusto para o resto de bos poetas que se esforzan en facer da palabra un manto de descubertas.

agardo que descubras textos novos dende a miña humilde elección, e que a túa visión mude para ben.

un beijinho.

xa me contarás.

1:21 PM  

Postar um comentário

<< Home