6.4.06

Compromisos do presidente

No acto de presentación do derradeiro volume da EGU (parabéns, Bieito!) o presidente enunciou os compromisos do goberno galego coa industria editorial. Touriño sinalou que “é vontade do Goberno galego” establecer canles de diálogo permanente cos editores, traballando conxuntamente con eles en mesas técnicas e de seguimento e escoitando as súas opinións e propostas sobre todas as cuestións relacionadas co mundo do libro e a lectura. Así mesmo, referiuse á importancia “básica e medular” do sector editorial na conformación do sistema cultural galego. “É un sector de certa importancia económica, constituído por máis de corenta empresas, que mantén centos de postos de traballo vinculados directa ou indirectamente a el e que nos últimos anos vén facturando cantidades que oscilan entre os 15 e os 20 millóns de euros”, sinalou. “Pero os datos económicos –engadiu- non esgotan nin dan conta da verdadeira importancia dun sector que ten como principal misión manter viva a publicación de libros en lingua galega”.

Marcadores:

2 Comments:

Blogger mourullo said...

Agardemos que o presidente e o seu goberno sexan consecuentes.

1:45 AM  
Anonymous Anônimo said...

Uf. Touriño fala tanto que coido que, a veces, hasta a él mesmo lle esquecen cousas do que dice.

7:30 PM  

Postar um comentário

<< Home