20.5.06

Máis sobre as presentacións de "Home sen nome"

Agradecémoslle moito a Fernando Garrido a crónica e o vídeo sobre a presentación diante de trinta bloggers da edición española de Home sen nome (xa está dende onte nas librarías). O acto tivo unha repercusión enorme na blogosfera española, o que supón unha grande orgullo para nós. Entre as moitas crónicas publicadas (ata agora cóntanse dezasete) recomendo visitar algunhas das que me pareceron máis valiosas:

A aparición desta última novela de Suso (a edición catalana de Bromera xa está dispoñible, tamén, cunha portada preciosa) amosa a necesidade de que os editores renovemos as nosas formas de promoción e de procura de visibilidade. Agora, non está de máis, desvelar que a primeira presentación da novela realizámola hai máis dun mes de forma privada e discreta nun xantar de autor con vinte libreiros galegos.

Xa tiñamos a idea de organizar un encontro de blogueiros galegos con Suso (como propón Vieiros) no mes de xuño ou unha conversa en liña, ou ambas as dúas cousas. Algúen se apunta?

Marcadores: , ,

2 Comments:

Blogger Brétemas said...

David, parabéns pola vosa iniciativa, quedou moi bonita. Temos que acordar unha data con Suso e procurar un espazo wifi en Compostela. Manterémosche informado. Contaremos contigo. Abrazos.

8:56 PM  
Anonymous Anônimo said...

Rematei hoxe mesmo o libro. Eu acudiría a un encontro de blogueiros con Suso. Sinto que o libro rompeu algo en min... é duro, e gustaríame oír a Suso.

10:34 AM  

Postar um comentário

<< Home