
O
xoves e o
venres desta semana continuaremos coas presentacións do último libro de
Ramón Caride,
As máscaras de Cronos (poemas (1994-2005). O volume recolle a obra poética do autor dende o ano 1994 e inclúe os libros xa publicados
Cerne das labaredas (Espiral Maior, 1994);
Flor no deserto (Premio Cidade de Ourense 1994),
Xeografías do sal (accésit González Garcés da Deputación da Coruña, 1998) e
Diacrónica (inédito, 2002), ademais dalgúns poemas inéditos en libro, publicados en diversas revistas nos tres últimos anos. Palabra rotunda e segura, belixerante e de combate nalgunhas ocasións; poesía amatoria, telúrica ou existencial noutras. Poesía, como sinalou Manuel María, "semellante ao orballo que ao caer, manseliñamente sobre nós, dá a impresión que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos". O xoves da pasada semana realizamos a presentación en Ourense, acto do que dou conta por extenso
Marcos Valcárcel.
Marcadores: Autores, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais
2 Comments:
O título do libro é o mais orixinal.
Poesía semellante tamén á bretema abstracta que todo o contén, antes que a luz do concreto marque as diferencias entre un e outros, entre un e todo... Prefiro sumerxirme nas brétemas e olvidarme de...olvidarme.
Postar um comentário
<< Home