3.1.07

Segundo aniversario

Hoxe estas brétemas chegan ao seu segundo aniversario. Despois de dous intensos anos traballando no blog manteño un renovado entusiasmo nas posibilidades deste medio para compartir coñecemento, información, lecturas e múltiples curiosidades. A todos os que participan neste espazo, sexa como lectores anónimos ou comentaristas, o meu maior agradecemento. Entre as 590 anotacións publicadas neste último ano escollín esta ducia (unha por cada mes) como as miñas preferidas:
  • Xaneiro: Edición pública (unha miña vella teima para racionalizar a actividade editorial das administracións).
  • Febreiro: 23-F (o relato da miña experiencia daquela noite de hai vinte e cinco anos).
  • Marzo: Lembranza de don Antón Patiño (a necrolóxica en homenaxe a este libreiro irrepetible).
  • Abril: Orgullo celeste (a crónica do triunfo no derbi da primavera).
  • Maio: Coda (a miña reflexión tras o rebumbio político no que me vin inmerso).
  • Xuño: Os libros arden mal (o meu primeiro paratexto sobre a agardada novela de Rivas).
  • Xullo: Cultura e liberdade (sobre a responsabilidade no fomento da lectura que temos os editores e outros profesionais do mundo do libro).
  • Agosto: JFK (a primeira crónica da viaxe a NY).
  • Setembro: A lectura: eixo do novo modelo comunicacional (unha das miñas achegas ao Primeiro Encontro de Blogs e Libros celebrado en Madrid).
  • Outubro: Gústame A Coruña (tras o novo conflito sobre "L").
  • Novembro: Panificadora (evocación dun edificio emblemático da nosa arqueoloxía industrial).
  • Decembro: Home se nome (o primeiro vídeo que subín ao you tube).
As cinco anotacións máis comentadas do ano foron:
Este ano foi, tamén, o da introdución dalgunhas pequenas melloras no blog. Primeiro foron as etiquetas de Technorati, logo a da subida dos vídeos, máis tarde a instalación dun contador, e, tras o cambio á nova versión de blogger, a introdución de marcadores temáticos. Son consciente da necesidade de continuar con outras melloras que permitan ou favorezan as formas de compartir o contido, mais o tempo do que dispoño é limitado. Ademais de bloguear hai que ler, traballar e vivir.
Etiquetas: ,

Marcadores: ,

16 Comments:

Blogger torredebabel said...

Parabens por estes dous anos! e que veñan moitos mais!

7:34 PM  
Anonymous Anônimo said...

Dúas mil noraboas, meu querido amigo, polo seu blog e por todo canto fai para que Galicia teña un futuro e o vento da historia non acabe por arrastrarnos a todos sen deixar nada detrás.

ALMIRAL MOUCHEZ

8:27 PM  
Blogger paideleo said...

Parabens e que siga a conta.

11:33 PM  
Anonymous Anônimo said...

Muchas felicidades, se dice rápido pero dos años en un blog es todo una tarea. Que cumplas muchos más.

Un abrazo.

2:55 AM  
Blogger Colectivo GZ-Israel said...

Parabéns. Sen dúbida un dos mellores blogs da blogosfera galega. E un dos poucos sen censura.

2:59 AM  
Blogger Pedro Gómez-Valadés said...

NORABOA E MIL MÁIS.

3:03 AM  
Anonymous Anônimo said...

Felicidades para ese editor con alma de lector. Un abrazo

6:17 AM  
Blogger X said...

Tamén a min me parece meritorio manterse dous anos na rede e ademais co seu ritmo de publicación. Felicítoo e doulle a razón no final do seu post, tamén hai que vivir.

1:10 PM  
Blogger George Cassiel said...

Muitos e sinceros parabéns pelo excelente trabalho deste blog.

2:58 PM  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

Noraboa por este segundo aniversario. Entre os textos que seleccionaches hai pezas antolóxicas. E tamén outros que ti non puxeches. Unha aperta.

3:59 PM  
Blogger R.R. said...

Que sexan moitos máis posts, que o nivel se manteña e seguro que medrará o número dos que lemos "Brétemas" case a diario.

Noraboísima.

10:24 PM  
Blogger abobriga said...

Noraboa, sempre resulta de interese ler brétemas e agardo que esta maré de felicitacións sirva para que, cando menos, te decates de que moitos lectores estamos a cotío contigo.

1:10 AM  
Anonymous Anônimo said...

beizóns, beizóns, beizóns e parabens.

1:28 AM  
Anonymous Anônimo said...

Parabéns, señor Brétemas, como xa che dixen algunha vez, es un referente para todos nós.

5:32 PM  
Anonymous Anônimo said...

Moitas felicidades no día do seu cumpleanos e que cumpla moitos máis. Os que abusamos da súa xenerosidade (e da súa paciencia) salutant.

6:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

E que cumpra moitos máis. E que nós os vexamos.
Grazas, coño.

11:48 PM  

Postar um comentário

<< Home