Teresa Moure e Xabier Blanco nos Premios Xerais 2007
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjcl57l3q2S4KArBPSxIsc1PliWKWtVTu8gXhMH1ofszanc5OsJdPMwxTH0gG0HUz2J0Gxf7mwyOa4T39Zz-7KwDH_YQjaRFbAf2p1dBDCd2W15l4FQchtBFoBuXe12b5ETztxCLg/s200/gaitacana.jpg)
Xabier interpretará cos seus instrumentos pobres tres temas: "Mata o porco Pepa" (vasoira e cazo), "Moendo" (gaita de cana) e "A miña roseira" (tubela, táboa de lavar e dedais).
Pola súa banda, Teresa lerá un discurso titulado "O carácter revolucionario da escrita e das palabras" do que recollemos apenas un parágrafo:
As palabras fermosas, como pexego, independencia ou liberdade, gardan intacto na súa musica o feitizo da suavidade e da rebeldía. As veces, as palabras amoréanse con fortuna, como cando cantan “Brindo polo amor e aposto polo verso” nesa ben-dita conxunción que coseu Ana Romaní. Porque, ante a nosa sorpresa, as palabras son quen de se amalgamaren até compoñer unha substancia tersa, melodiosa, menos tristeira e máis emblemática que a etimoloxía que lles deu a orixe, unha substancia anovada que, logo dun poderoso cambio químico, faise caldo, faise masa de comer, faise texto... e arde mal."
Etiquetas: Premios_Xerais_2007
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home