![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgl3Toi7v5e7ow2AwyEYc8rNd3Wbe3tO02xZeSiCA_9UEVN_5YTFsW6zq_bjjoU9e_osnCuNVfs9mggga2gfdZ9YRuyrWuAVeBWIPKVnHSgyJzSbD97I826HE1UK8rsyaD1qtJGVw/s200/36028.jpg)
O vindeiro domingo, 14 de decembro, Agustín Fernández Paz será
homenaxeado no
Muíño de Rañego da súa Vilalba natal pola Fundación Manuel María. Tras unha mesa redonda (ás 12:00) sobre a súa figura, na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P. DoCampo, Paco Martín, Xulio Xiz e Manuel Bragado, colocarase o terceiro hectómetro literario no Paseo dos Soños e celebrarase un xantar de irmandade no restaurante «A Nova Ruta» de Vilalba. Pode avisarse asistencia ao xantar no teléfono: 646413890.
Marcadores: Autores, Eventos
2 Comments:
Quen puidera estar en Vilalba este domingo! Noraboa, amigo Agustín. De parte tamén de Ce.
Parabéns por tan merecida homenaxe.
Postar um comentário
<< Home