22.2.05

Estudar galego na ESO fóra de Galicia

Coñezo por galego.org a presentación por parte de Esquerra dunha proposición non de lei, relativa á incorporación e/ou fomento da lingua catalana no ensino secundario e universitario. O deputado Joan Tardà (o que falou en catalán no Congreso) propón incorporar unha asignatura optativa de lingua e cultura catalanas na ESO, así como fomentar os estudos de lingua e cultura catalana nos centros universitarios do conxunto do Estado. A proposición foi aprobada pola Comisión de Educación, co voto en contra só do PP.
Velaí un camiño moi interesante para construír outra España respectuosa e curiosa coas linguas de todos. Só cando os rapaces estremeños ou cántabros coñezan mellor o galego ou o catalán (algúns porque o estudan, a maioría porque nos seus textos o tratamento destas linguas non é unha anécdota dun temiña de recheo), poderán valoralo tamén como un patrimonio seu.
Algun dos deputados galegos debería presentar inmediatamente unha proposición semellante para a nosa lingua. En Galicia existe, por riba, o paradoxo de que, a pesar de contemplarse legalmente a posibilidade, non existen centros de secundaria onde se imparta o portugués como segunda lingua (o francés é hoxe a optativa maioritaria na ESO), outro dos disparates que amosa a curtedade de miras da nosa política lingüística, ao que non é alleo o profesorado de galego e o conflito reintegracionista.
Ademais, sabemos da existencia de estudos preliminares por parte do Goberno para presentar nun futuro próximo no Congreso unha lei das linguas de España. Un debate moi interesante no que desde Galicia debemos participar activiamente e no que propostas como as de Tardà terán que ser contempladas.

Marcadores:

6 Comments:

Blogger Gonzalo G. Barreñada said...

Tiráchesme media palabra da boca, brétemas, xa que o seguinte post que ía escribir no meu blog tiña temática semellante. Coma só é semellante, fareino igual ;)

No ensino do galego fóra de Galicia xa tiña pensado eu moitas veces. Respecto á ESO non sei eu se sería moi acollida a nosa lingua; andan os rapaces que se soben polas paredes, cando máis cun asunto que lles pareza "alleo". Pero creo que, doutra maneira, todo o mundo que pertenza ó Estado onde está Galicia debería ter oportunidades e medios para poder achegarse á súa lingua. E tamén alén das fronteiras do Estado. Polo de agora descoñezo que o galego se ensine nas escolas de idiomas non galegas. Nalgunhas facultades é case unha anécdota...

Realmente resulta máis doado en España aprender chinés ou sueco ca galego. E iso si que me doe moito...

Eu ofrezo clases de lingua e literatura galega en Oviedo; non é moito, pero algo é algo.

Aperta.

8:28 PM  
Blogger Cesare said...

1. Non entendo moito algunhas cousas, que me deixan nunha perpetua perplexidade... Por exemplo, os conceptos dentro e fóra.

2. Non é exactamente como di vostede, Brétemas. A iniciativa de ERC era nese sentido, pero foi emendada (polo menos) polo soe, pra recoller as tres linguas cooficiais do estado. Así que os nacionalistas galegos non teñen que faer nada (neste caso). Ademais, non teñen representación na Comisión de Educación.

1:58 AM  
Blogger Brétemas said...

Obrigado, Cesare, voçé sempre moito mellor informado ca min. Pois é unha boa noticia que os membros do PSOE modificaran a iniciativa nese senso.
Ten razón, tamén, no de "dentro" e "fóra", en realidade son dous eufemismos para evitar escribir a palabra "España". Esta é unha prevención que manteño dende a miña dolescencia nacionalista. O reto do que fala ilugris, conseguir que os alumnos galego falantes de fóra de Galicia puidesen aprender galego con normalidade non pexa de ningunha maneira co que eu propoño. En realidade, o problema de fondo está no modelo que o Estado quere para as súas linguas: un territorial (o actual) ou un individual (como o suizo ou belga.. Dunha ou doutra maneira é un debate que se aborda nesa "lei das linguas" da que eu falo. Obrigado.

10:06 AM  
Anonymous Anônimo said...

Pois... parece-me um disparate pensar que o galego (e não por exemplo o português) é património dos estremenhos (aliás de todos os espanhóis) só por estarem sob o mesmo Estado. As fronteiras espanholas são assim referenciadas como lindes mágicos, e como a "língua galega" é (artificiosamente) uma língua "regional espanhola" também é de todos os que têm um determinado bilhete de identidade. Não assim o "português" (ainda que sejam portugueses os vizinhos dos espanhóis, e seguro que lhe podiam tirar bom proveito), ou o francês, ou mesmo qualquer das línguas minorizadas da França porque são "línguas estrangeiras". Pedir que se poda estudar "galego" fora da CAG quando essa versão de língua está pensada como língua zonal entra na esquizofrénia. Nós não aceitamos o português porque total para quê?... e pretendemos que Espanha aceite o "galego" como uma língua estatal? Estas obsessões dos minimizadores (como a colaboração com o Instituto Cervantes, a presença no Congreso de la Lengua Española) são quanto menos inquetantes. E o valenciano também? E o "galego-asturiano" poder-se-á estudar na CAG?

11:42 PM  
Blogger Cesare said...

Debería levar o teléfono de iberia na carteira antes de meterme a ler estes comentarios. ;)

5:29 AM  
Anonymous Anônimo said...

Así, como principio, pareceme ben: gustaríame ter ainda que fora uns rudimentos de catalán e de euskera. Pero ¿a E.S.O. outra vez?
Non sei se vostedes se decatan de que tódolos problemas graves se tentan de resolver incluindo materias na E.S.O.:
-Materia para previr a violencia doméstica na E.S.O. centrada na educación para a igualdade (coido que finalmente quedará en simple transversal)
-Materia centrada na educación vial para baixar o número de víctimas en accidentes.
-Polo menos, dúas linguas estranxeiras.
-Relixión ou a súa alternativa...
Tódolos amigos profesores de medias que teño (bacherelato e Ciclos formativos) se queixan de que saen da E.S.O. con un nivel de matemáticas baixísimo e cunha ortografía`, puntuación e expresión espantosas ¿seguimos a suxerir máis recheos para a E.S.O.? ¿Cántas asignaturas van a rematar por cursar os estudantes?
No caso das Comunidades Autónomas con lingua propia como Galiza, Catalunya, Valencia ou Euskadi, o asunto agravase: os estudantes xa teñen dúas ou tres horas máis que o resto por semana para lingua autonómica.
As veces as cousas vense moi lindas na teoría e escachan na práctica.
Sí que creo que se debería de coñecer moito máis sobre o que temos arredor, pero quizáis habería que insertalo nos contidos de certas materias.
Hai Cada

5:57 PM  

Postar um comentário

<< Home