17.3.05

Editores ágrafos?

Assouline dá conta de dous novos libros de memorias de editores internacionais, o de Tom Maschler, o presidente de Jonathan Cape, e o de Michel Mohrt, o famoso lector de Gallimard. Para o crítico de Le Monde son dous volumes de "anécdotas e máis anécdotas con escasa reflexión". As memorias de editores, das que son devoto lector, quizais agardando descubrir os segredos da profesión, agochan case todas o mesmo misterio: como persoas que presumiblemente teñen lido tanto, escriben tan pouca substancia?

Marcadores:

1 Comments:

Blogger Gonzalo G. Barreñada said...

Quizais lles ocorra o mesmo que a algúns cinéfilos -mesmo directores de cine- que non saben facer nin media boa película.

Saúdo

4:41 PM  

Postar um comentário

<< Home