22.4.05

Volve Alvarellos

Henrique Alvarellos reinicia o labor de Alvarellos editora, a editorial que en Lugo fundara hai vinte e oito anos o seu pai, falecido hai menos dun ano. Foi o de Alvarellos un catálogo moi interesante que debe ser recordado e valorado (boa parte da nómina de autores da narrativa galega dos oitenta comezou a publicar alí).
Viajes y yantares por Galicia de Álvaro Cunqueiro (volume que recolle os artigos gastrónómicos publicados na derradeira etapa de Vida Gallega) é o primeiro libro desta nova etapa da editora. Moi prometedor comezo. Os nosos parabéns. Sorte!!!

Marcadores: