Salvador Rodríguez adoita ofrecernos cada domingo no
Estela unhas magníficas reportaxes, un xénero cada vez menos frecuentado na prensa. Hoxe publica
unha excelente e documentadísima sobre a presenza da música galega en Xapón. Sen caer en tópicos nin en grandilocuencias, tan frecuentes cando falamos da nosa proxección internacional, debulla a presenza dende hai anos no país do sol nacente de
Milladoiro,
Luar na lubre, a
Real Banda e
Cuchús Pimentel.
A reportaxe informa tamén da
xira que
Carlos Núñez está
realizando. Fedellando na
web atopei noticia da estrea de
Mar adentro e da edición en
Xapón dun novo cedé do noso gaiteiro máis internacional (do que a reportaxe xa daba algunha noticia):
Cinema do Mar. Espléndidas noticias para a nosa industria cultural.
Marcadores: Música
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home