Un libro por galego
Hoxe varios medios fanse eco dos datos do noso informe sobre a situación da edición en galego.
Actualización: 09-08: Galicia hoxe desprega máis información, recollendo a información que presentamos na roda de prensa do pasado 12 de xullo. Quedamos tan pampos como agradecidos.
Actualización: 09-08: Galicia hoxe desprega máis información, recollendo a información que presentamos na roda de prensa do pasado 12 de xullo. Quedamos tan pampos como agradecidos.
Marcadores: Comercio do libro
3 Comments:
O texto tal cal o pon A Coz de Malicia paréceme algo confuso. O gasto da Xunta é de 0,66 €/ano, ou é "nos últimos cinco anos"? Cando di "1,1 libros por habitante" supoño que o que quere dicir realmente é "1,1 libros por habitante e ano" ou sexa, algo menos de tres millóns de libros novos espallados cada ano por toda Galiza. Hai algún xeito de estimar que porcentaxe deses libros corresponde a venta directa a persoas, ou sexa, descontando as compras de institucións, bibliotecas, etc?
Sería moi interesante poñer a disposición do público ese informe íntegro, sen a intermediación torpe de certos xornais.
Efectivamente, esa información está errada. Ese 0,66 € é o gasto anual en lectura pública. Os 1,1 libros por habitante son un índice resultante de dividir o número total de exemplares existentes nas bibliotecas e o censo. Xa nos gustaría a nós que foron tres millóns de libros cada ano. Repara en que producimos dous millóns de exemplares cada ano. Nestes momentos estou preparando un informe para Tempos que agardo clarifique como vemos nós a situación. Por correo electrónico, envíoche algunhas táboas e podes comprender de que estamos falando.
Grazas por preocuparte destas cousas. Gustei moito da crónica da Feira. Ben sei que non é un feirón, mais se a comparamos coas outras do país, confésoche, que é unha marabilla. Abrazos.
Grazas, grazas. Agora enténdese.
Postar um comentário
<< Home