20.9.06

Cartaces de Bruxelas



A viaxe coas peñas celtistas desta fin de semana pasada foi para nós toda unha experiencia (como pode comprobarse na extensa reportaxe de "Celta", o peñista máis sonado da Guarda) de como funcionan estas cousas do corazón futbolístico máis apaixonado.
Das trescentas fotos que tirei, escollín para non caer nos tópicos belgas (Tintin, Magritte, gaufres e Godiva, que tamén exploramos con teimosía), as destes tres cartaces pillados na rúa: o da editorial de Jacques Brel, o da cervexa Celta e o da estrea da primeira película de Jason Reitman. Nese pequeno país (pareceume moi conservador e ríxido) de comedores de patacas e bebedores de cervexa había moito no que fixarse.
Etiquetas: , , ,

Marcadores:

4 Comments:

Blogger nhusko said...

Pois si, estaremos atentos ao que acontece entre Flandes e Valonia, seica andan afiando o fouciño

11:34 PM  
Anonymous Anônimo said...

Quedeime ata as tantísimas para ver o programa ese e agarrei un cabreo de mil pares. O do presentador non ten nome. O das marujas esas que sacan do clube de lectura, peor incluso. O do Suso, mellor nin falar. Así nos vai. Mentres aplaudimos susos de toros e teresas moures que non teñen nada que dicir, Ferrín segue sen estar traducido. Xa as pagaremos todas xuntas.

11:46 AM  
Anonymous Anônimo said...

Con todos os meus respectos, Señor Annonymous, non entendo qué relación existe entre o feito de que Ferrín estea escasamente traducido a outras linguas e que si se estean a traducir, en cambio, os libros doutros autores galegos.

Supoño que todo iso será, máis ben, unha cuestión de mercado...

E asegúrolle que a devoción que sinto pola obra e pola figura de Ferrín é inmensa. Ben me gustaría a min tamén que os seus libros fosen máis coñecidos. No mundo enteiro.

Pero -insisto- non encontro a relación.

Que estean traducidos os escritores que vostede cita en primeiro lugar, a min paréceme excelente.

Son outras cousas, produtos distintos, escritas diferentes...

Aquí colle todo o mundo, home!

Isto non será moi grande nos mapas, pero si que o é nos corazóns!

ALMIRAL MOUCHEZ

3:29 PM  
Blogger bouzafria said...

Seica os franceses rinse dos belgas coma nós - pobriños - rímonos dos portugueses.
Mágoa de non ter decidido alí a eliminatoria.

8:23 PM  

Postar um comentário

<< Home