15.3.05

Deakialli

A bibliotecaria coruñesa Catuxa Seoane e a madrileña Vanesa Barrero manteñen desde hai tres anos un excelente blo sobre biblioteconomía e xestión de coñecemento. Está organizado por categorías e ofrece enlaces interesantes. Mágoa, polo menos no que lin, que non faga referencia ningunha a nosa lingua e a nosa produción editorial.

Marcadores:

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Moitas gracias pola referencia :)

En Deakialli, fixen (e intento facer)referencia a miña lingua materna sempre que a ocasión se presta.

Debido a que o mundo da documentación, a biblioteconomía e a xestión do coñecemento, é practicamente inexistente na nosa comunidade (tiven que desplazarme a Madrid para poder estudia-la licenciatura en documentación), o meu intercambio de coñecementos cos meus colegas é a maior parte das veces en castelán.

Alguns post(ainda estamos traspasando os archivos ó novo aloxamento), aqui:

- Día das Letras Galegas (2003): http://deakialli.bitacoras.com/archivos/2003/05/17/feliz_dia_das_letras_galegas

- Dous anos sen esquencer:
http://deakialli.bitacoras.com/archivos/2004/11/13/dous_anos_sen_esquencer

- Día das Letras Galegas (2004):
http://deakialli.bitacoras.com/archivos/2004/05/17/feliz_dia_das_letras_galegas2

Un saúdo dende a nosa terra.

12:35 AM  
Blogger Brétemas said...

Catuxa: apréndese moito no voso blo, si señor. Son editor é interésame moito todo o relacionado coa xestión do coñecemento. Agrádecese atopar sitios coma os vosos. Adiante!!!

10:27 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pois isto vai soar a peloteo, pero eu sigo Brétemas dende o post da Nova lei do libro, e foi unha esperanzadora sorpresa, atopar unha bitácora galega que fala da nosa problematica e situación editorial entre outras cousas.

Unha aperta!

10:59 PM  
Blogger Vanesa said...

Hola¡

acabo de leer el post, y solo añadir una cosa a los comentado por catuxa...q no soy madrileña¡¡ q soy asturiana¡¡¡

es un detalle importante ;)

entiendo el gallego, pero no lo hbalo, asi q disculpa por escribir en castellano...y muchas gracias por la referencia¡

4:30 PM  
Blogger Brétemas said...

Vanesa, as miñas desculpas. Non sei cal foi a extraña razón de escribir que es madrileña, se non te coñezo. O galego e o castelán, como nos sucede co portugués e catalán, non son linguas opacas para ningún. É unha grande vantaxe que debemos aproveitar todos.

8:09 PM  

Postar um comentário

<< Home