17.5.05

Chintófano

O día das letras tróuxonos un agasalliño aos maceiros: o "chintófano", un widget que permite consultar o Dicionario da RAG. Pódese descargar doadamente dende a páxina da empresa Galinus. É moi doado de instalar e comprobei que funciona sen problemas en safari. Mágoa de nome para unha utilidade interesante.

3 Comments:

Blogger Galinus said...

¿Mágoa de nome? e o máis parecido a Widget que hai en galego. Pareceunos axeitado.

¿Ti como o chamarías?

12:24 PM  
Blogger Galinus said...

Por certo, son un maleducado: grazas pola referencia.

12:56 PM  
Blogger Brétemas said...

Tedes razón que é semellante a "widget". Haberá que pensalo. Con todo, o importante non é o nome, senón o valor da utilidade. Parabéns sentidos, máis aínda por tratarse para mac, o que ós usuarios botamos sempre de menos.

1:05 PM  

Postar um comentário

<< Home