12.5.05

Magnífico Rodríguez

Non tiven oportunidade de velo en directo, mais lin o texto do discurso que pronunciou hoxe no Parlamento Francisco Rodríguez é pareceume magnífico. Nas liñas precisas, o veterano parlamentario do BNG resumiu unha posición política, dende os intereses de Galicia, firme, seria, clarificadora e, ao mesmo tempo, capaz de abrir un diálogo co goberno para iniciar unha nova etapa política. As referencias á necesidade do Novo Estatuto e a un novo modelo de financiamento, así como a emocionada mención á traxedia de Ferrol foi tan oportuna, como indispensable, para chamar a atención sobre unha situación que non se debería repetir nunca máis.
Os meus parabéns entusiastas para o traballo parlamentar de Francisco Rodríguez. Galicia tivo a voz que precisaba.

Marcadores:

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Reproduzo un comentario que aparece hoxen en xornal.com e co que estou totalmente de acordo.

Asunto: ZAPATERO
Autor: kike fernández (kikedevidal@yahoo.es)
Comentario:
Con todos os respectos e visto o visto é preferíbel tratar con Zapaterto directamente ca con Touriño ou Vazqueze cia. Para iso é necesario que o BNG pegue un tirón forte e supere ao PSOE.
Outra cousa, tamben é importante que entambos superen ao PP en tres ou catro deputados, pois estou convencido de que o PP ten UN ou DOUS tapados no PSOE para trasfegárense senón ao tempo.

9:48 AM  
Blogger Brétemas said...

O comentario paréceme verosímil.O precedente da Comunidade de Madrid está aí, como unha lousa para o PSOE.

10:31 AM  
Anonymous Anônimo said...

Non sodes os únicos que o pensades. Esperamos que non pase, pero de ser así habería que botarse á rúa e montala. Non podemos permitir que esta nos rouben.

10:51 AM  
Anonymous Anônimo said...

En canto ó novo Estatuto, non teño nada claro que sexa unha prioridade ou unha preocupación na maior parte dos galegos.

Non demostramos que sexamos capaces de gobernanrnos por nós mesmos. Corrupción e despilfarro é o que sabemos facer. Confío (moito) en que isto cambie. Pero con este panorama, coido que hai cousas máis importantes.

Xa me gostaría a min estar coma Cataluña discutindo sobre o Estatuto. Pero aquí aínda temos que solucionar a emigración da xente nova, o paro, desigualdades territoriais brutais (crecín na Coruña e vivo en Corcubión), a corrupción, etc.

10:56 AM  

Postar um comentário

<< Home