1.9.05

Couceiro

Hoxe á mañá coñecimos unha noticia que nos entristeceu: a libraría Couceiro de República do Salvador de Santiago, un dos puntos fortes para o libro galego e portugués, pechará as súas portas durante o mes de setembro. Semella que no local instalarase unha coñecida firma de moda galega. Non obstante, sabemos que a familia Couceiro, unha estirpe de libreiros galegos coraxudos, continuará o seu traballo no establecemento que teñen aberto na rúa do Hórreo.
Ao peche desta Couceiro de República do Salvador se lle pode unir, tamén proximamente, o dalgunha outra libraría compostelana. Vai ser este o devir dos novos tempos: pechan as librarías de cultura e abren negocios de moda?

Actualización: 23:42 horas
: na presentación da Biblioteca Galega, que comentaremos mañá, falo con Suso Couceiro que me anuncia o proxecto da familia de continuar o proxecto de grande libraría galega nun novo edificio da praza de Cervantes. Quizais haberá que agardar un ano. O día remata cunha noticia ben esperanzadora.

Actualización: 04-09-2005: Entrevista a Xesús Couceiro onde expón o proxecto da súa nova libraría.

Marcadores:

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

A solución é que as librerías consigan ser algún día "negocios de moda".
:-)

4:25 PM  
Blogger Nygard said...

Sobre o tema das librarías, levo tempo pensando que en Santiago podería existir e ser viábel unha libraría do estilo das capitais europeas; con espazos reservados para a leitura, o café, conferencias, etc (estou pensando en Dublín, onde hai varias -ou había; non no estilo FNAC, claro).

Sería rendíbel algo así nunha cidade pequena (pero cun forte pouso cultural) como Compostela?

4:55 PM  
Anonymous Anônimo said...

O negocio do século: Rúa do Principe, en Vigo: unha tenda de lencería a todo meter, cun escaparate descomunal... ai, cando chegarán os libros a ser tan rabiosamente delicados.

5:48 PM  
Blogger Brétemas said...

A verdade é que as librarías de fondo van desaparecendo dos centros das cidades polo incremento do valor inmobiliario dos baixos e pola propia fraxilidade do negocio do libro tal como se concibe aquí. Moito temo que sexa un proceso irremediable que se irá producindo aquí e acolá. Na rúa do Príncipe de Vigo xa non resisten nin sequera as cafetarías: aí queda como a derradeira mohicana Nea (a que sempre menos me gustou). O peso irresistible da lencería e do negocio da moda?
Con todo, experiencias como a casa do Libro de Vigo demostran que, a pesar das dificultades, un novo modelo de libraría é posible. Botarei en falta a brillantez das presentacións na Couceiro de República do Salvador. Se boto a rodar a memoria, axiña recordo que alí se presentaron case un cento de libros nosos.

6:07 PM  
Blogger relanzo said...

Pois si que é mágoa o de Couceiro (como feito e como síntoma). Xa só falta que tamén peche Follas Novas. De todos xeitos, se cadra o que falta é imaxinación para que a creación libreira acade o corazón do mercado. Porque non serán termos contrapostos, non?

8:48 AM  
Blogger Nygard said...

Casualidades (xúroo)... a ver se o Couceiro me saca da dúbidas.

10:53 PM  

Postar um comentário

<< Home