![](//photos1.blogger.com/blogger/2130/744/400/pistola.jpg)
A sede das Nacións Unidas é unha burbulla extraña á beira de
Midtown. O
péndulo de Foucault, doazón de Holanda, preside o hall onde están instaladas unha gran exposición de fotografía, "Tales from a globalized world", e unha mostra de traballos sobre a paz realizada por escolares de todo o mundo. Saímos melancólicos coa impresión de impotencia que expresan as mensaxes das exposicións: globalízase a pobreza e a guerra, a pesar de que o anceio de paz e da ledicia existe nos máis diferentes rostros da humanidade. E este o espírito da ONU?
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home