7.8.06

Galicia en chamas


Etiquetas: ,

Marcadores: ,

9 Comments:

Anonymous Anônimo said...

NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALICIA... HIPOTESE DE TRABALLO PARA UN CONSELLEIRO EN PARO...!


Venres, sábado, domingo, luns... e seguimos sen poder ver o sol atrapado detrás dunha fumareda que nos quita ata as ganas de vivir...!

Levamos catro longos días agardando unha explicación racional do que está a suceder... pero ninguén sabe nada, ninguén fala claro, ninguén pode organizar á sociedade civil que estamos sen saber o que facer para rematar con este pesadelo...

Que si unha Comisión Interministerial en Moncloa, que si Portugal tamén está a arder, que se mal de moitos consuelo de parvos... e non sei cantas historias máis... pero o lume non se controla ou non se sabe ou non se quere controlar...! Que se faltan medios que se sobra quen mande... todo segue ardendo ata que non quede pau que queimar...!

Eu só sei que o Sr. Conselleiro do ramo... fixo unhas declaracións o Venres dicindo que tiñamos os ‘medios suficientes’ para facerlle fronte ó lume. Esto é o único que sei de certo. E hoxe Luns xa falaba a mesma persoa de que si un cúmulo de circunstancias non previstas facían imposible controlalos lumes da Galiza...

Todos podemos equivocarnos, sen dúbida, pero non somos o Conselleiro do Medio Rural... por iso creo que podemos dicir con claridade que cando un responsable político erra deste xeito falando de cuestións propias da súa competencia... é mellor separalo rápidamente destas responsabilidades xa que demostra sobradamente non ter nin idea do que se trae entre mans...!

A vida e o futuro sustentable dos galegos e galegas estaba nas súas mans e unha fachenda de prepotencia fixo que as verbas fatuas as levara o vento do nordés avivando lumes devoradores das nosas vidas e da nosa terra.

Xa que parece ser que a Ministra de Medio Ambiente está disposta a chegar ó final desta trama criminal ofrézolle a miña hipótese de traballo (tan válida coma outra calquera mentras non se demostre o contrario)... coma se dunha brigada de élite da Garda Civil se tratara imos operar coa seguinte hipótese de traballo:

En Galicia se anunciaron a bombo e pratillo a entrada de moitas Multinacionais do Formigón, do Chalet Adosado e da Urbanización de Luxo... pero todos sabemos que mercar terreos queimados é mercar terreos baratos... sobre todo se lle aplicamos unha recente lei do solo (non sei se está en vigor na súa totalidade ou non) que dí que aqueles terreos queimados non poden ser recalificados para promocións urbanísticas antes de 30 anos...

Mercar estes terreos sería cousa de nenos: os galegos deprimidos pola catástrofe venderían correndo para saldar as perdas da madeira e a tristura da alma... Mercamos Barato!

Como esta catástrofe ecolóxica e criminal pode á vez modificar moitas vontades políticas nos votantes requeimados cunha xestión impresentable na loita contra o lume... un cambio político poderíase contemplar en breve nunhas vindeiras eleccións municipais que están á volta da esquina... para dende alí, dende os Concellos, forzar un cambio no executivo da Xunta de Galicia.

Mercamos Barato. Temos o Goberno. Agora só fai falla cambiar as leis, e onde digo digo... digo Diego... e onde se dicía terreos queimados non poden ser recalificados (engadimos) agás se se trate de proxectos urbanísticos de claro interese xeral (social) ou cunha extensión mínima superior a tantas Hectáreas... ou vaia vostede a saber que clausulas se redactarían para xustificar o cambio na lexislación?

Xa podemos edificar. E vender os adosados con vistas ou en paraxes naturais de privilexio mercados por catro patacóns a precio de ouro. Vendemos Caro!

Podería ser esta unha hipótese plausible para que traballe a Guardia Civil? Pois xa saben vostedes o que teñen que facer, dar orde ó Rexistro da Propiedade de que consigne nunha Lista Negra tódalas adquisicións dos terreos queimados... e ter paciencia...!

Pero mentres tanto... que tal se vai presentando a súa demisión o Sr.Conselleiro do Medio Rural?

INVITOVOS a exercer a crítica do que está sendo unha xestión deplorable na loita contra o lume e recordarlle as súas responsabilidades a
D. Alfredo Suárez Canal
gabinete.agri@xunta.es

E se quere empregar a hipótese de traballo aquí ofrecida terá moitos anos para seguir pescudando e vixiando as compras e ventas dos montes que arderon hoxe... e se ainda non está xubilado daquela poderá presentar unha demanda xudicial contra os
ESPECULADOES CRIMINAIS...
que queimaron Galiza enteira... cando il era Consellerio do Medio Rural.


Nota: eu xa enviei a miña petición persoal así coma unha nota a Quintana para que promova un relevo urxente...!

1:43 AM  
Anonymous Anônimo said...

Suarez Canal é un gran profesional e ninguén sería quen de parar tal desfeita. Demostra ter moito valor para arriscar a sua calidade profesional o enfrontarse a unha patata quente como é a do medio rural: esnaquizado e un asubío do esborrallamento. (Deus... ademáis con competencias na estratexia antiincendios!!!
O seguinte Conselleiro/a do Rural, para o PSOE :)

2:54 AM  
Anonymous Anônimo said...

Xa se ve canta profesionalidade

Vai ser mellor que colla a a Consellería alguen do PSOE, si, esa e todas as demais xa postos, que para "formación del espíritu nacional" xa estaba Franco e o que precisamos agora son bos xestores

12:32 PM  
Anonymous Anônimo said...

Entresaco este párrafo do que di Erasmo un pouco máis arriba:
"A vida e o futuro sustentable dos galegos e galegas estaba nas súas mans [nas do Conselleiro do Medio Rural] e unha fachenda de prepotencia fixo que as verbas fatuas as levara o vento do nordés avivando lumes devoradores das nosas vidas e da nosa terra."
Que pasada demagóxica máis monumental!!

Que doado sería todo se a vida e o futuro dos galegos e galegas estivese nas mans dun conselleiro! Que doado sería atallar o lume se este se avivase coas "palabras prepotentes" de alguén.

Algo máis de sentido ten seguirlle a pista a tantas empresas construtoras que xa teñen as poutas enriba do país. Pero eu non esquecería tampouco (porque hai máis dunha causa, seguro) o doado que o puxo a política forestal dos últimos vinte anos, sobre todo cando ENCE aínda non estaba en mans privadas senón que era unha empresa estatal, favorecendo a plantación do eucalipto, unha praga que cobre toda a beiramar atlántica, que agora arden como palla seca. Medio país ao servizo dunha ENCE contaminante, que nin sequera deixa os beneficios aquí!! E, como non, o abandono do monte por parte da xente que o traballaba e coidaba, un abandono dramático, que ten que ver coa nefasta política social e económica dos últimos 20 anos, coa cuestión do leite incluída, que leva á fuxida do medio rural por parte das novas xeracións. Un abandono que corre paralelo ao desprezo urbanita por todo o que cheire a rural (lingua incluída). De aí que moita xente das cidades aínda considere os incendios molestos, e dramáticos, pero alleos á súa vida.

Que se culpe a un conselleiro polo que está a pasar, coa agravante da clara intencionalidade terrorista para crear o caos na sociedade, porque iso é o que está a pasar con estes incendios tan eficazmente planificados, paréceme un exercicio de cinismo monumental. Mellor será, como tamén fai algo Erasmo na súa segunda parte, buscar as motivacións económicas e políticas deste terrorismo. Aí si que está a nai do año.

2:35 PM  
Anonymous Anônimo said...

...os montes abandoados e cheos de maleza, e os especuladores urbanisticos sen escrupulos....é un coctel de dificil dixestion...Non creo que se lle deba botar a culpa ao actual conselleiro, é un problema que arrastramos de moi atras...

9:49 PM  
Anonymous Anônimo said...

O mellor será que nos digades, señores simpatizantes do BNG, cando poderemos comezar os demais a pedirlle responsabilidades de goberno ao actual equipo, porque está visto que é a única resposta que sabedes dar. Deixade de desculpar unha mala xestión! Sexa de quen sexa!

11:10 AM  
Anonymous Anônimo said...

Que simpleza, a do señor anónimo anterior. Coma se todo o mundo se guiase por consignas. Pois algunhas temos discernimento propio. Eu apúntome a falar da mala xestión se se demostra (e tempo haberá) mais non creo que houbese ningunha hipotética boa xestión que soportase este ataque incendiario masivo que estamos a sufrir.

8:09 PM  
Anonymous Anônimo said...

non son simpatizante do bng, nin milito en ningun partido político, simplemente teño a miña cabeciña feminina ben saneada: observo e saco conclusions.

9:04 PM  
Anonymous Anônimo said...

a ver si acaban de arder os eucaliptos e piñeiros, i escomezan cos molinillos, as casas e siguen cas persoas.
asi podese escomenzar de cero.
voluntarios para queimar, porque os que estivemos no prestige, nunca mais seremos voluntarios para nada.
que vaian de voluntarios os parasitos da xunta, e agora todos os enchufados dos tres partidos basura, que vaian eles e o fascista fraga que vive en madri de todos nos, a real family que o pasa bomba navegando, e tamen como non o sr.nuñez alias "el mangueritas".
ale a joderse.

6:14 PM  

Postar um comentário

<< Home