![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLQKWFNS7bTj6GjdwDIPSsHHcNWa5AmOv8tJeX4zhOp5q5ywgTXre3E8NzwuEC_XAJbiV8T6GbpAzE5cnHRJtDjV-W8Ms4vzelfruK7wG7hOMW-ai40zIeqZkXHmsHnxo6s5gBVA/s200/23.jpg)
No
artigo da semana realizo unha primeira semblanza da figura de don
Xosé María Álvarez Blázquez. É a miña intención publicar nas vindeiras semanas novos traballos no
Faro sobre o "Xosé María, editor" e o "Xosé María, cronista oficial da cidade de Vigo". Comecei estes días a versión galega d'
A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo, tarefa que asumín con enorme interese, que me permite aprender moito nese pozo de sabedoría histórica viguesa artellada polo meu admirado don Xosé María.
Aconsello a lectura da
reportaxe fotobiográfica publicada hoxe no
Estela de Faro de Vigo, preparada por Salvador Rodríguez.
Marcadores: 17_de_maio, Artigos Faro de Vigo, Autores, Campo de Granada, Editores, Efemérides
1 Comments:
Aledeime moito de saber que vai ser o próximo homenaxeado, aínda que nunca cansarei de insistir en que tiñan que abrir algo máis a cousa e recoñecer a xente que traballou pola nosa cultura, aínda sen ser escritores.
Postar um comentário
<< Home