29.6.08

Noticias felices

A posibilidade de que o Senado rumano estableza nos medios de comunicación unha cota do 50% para as noticias felices non debería ser considerada tan escandalosa como a primeira vista semella. En realidade esta cota, sen lei ningunha que a ampare, xa se supera diariamente en Galicia nos espazos destinados á información institucional. Un caso, o galego, que non é único en España, como ben se pode comprobar visitando outros espazos semellantes. Non deixa de sorprenderme que aquí non se fagan brincadeiras sobre esta cuestión (non entro nos criterios dalgúns medios privados) e, porén, nos escandalicemos coa inxenuidade destes rumanos que pretenden impoñer a felicidade dende os escanos parlamentares. En Internet xa hai espazos especializados só en "boas noticias". Outro problema ben diferente é determinar cáles son as noticias felices?

Marcadores:

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Pois tes razon, institucionalmente, vamos "sobraos"
Canta mais crisis, mais mellores boas noticias

7:47 PM  
Blogger Unknown said...

Canta razón tes, Manolo. E ainda máis, porque o mundo feliz non vive só nas comunicacións institucionáis, tamén en tantos medios dóciles ou domeñados.
Somos expertos en boas novas.

12:43 AM  
Blogger R.R. said...

Señor das Brétemas, nestes dous posts hai que recoñecerllo: vai "sobrao". Noraboa.

9:56 AM  
Anonymous Anônimo said...

De feito a estructura dun informativo ao uso é a do happy end, con noticia de oso panda para o final como corresponde ao estilo vedette dos informantes

8:31 PM  

Postar um comentário

<< Home