13.2.09

«Protexta 09»

Mañá distribúese cos periódicos do grupo La Capital o novo número de Protexta, o magnífico trimestral literario de Tempos novos. Por agora, xa se pode descargar un adianto, a entrevista de Bieito Iglesias a Gao Xingjian. Coordinado, agora, por Ana Salgado, o número promete: entrevista nas páxinas centrais a Manuel Rivas, e críticas dos seus dous recentes libros de xornalismo literario; ademais dun boa restra de críticas de novidades (que alentan a nosa curiosidade). Parabéns o novo equipo de Protexta, un soporte fundamental na nosa crítica literaria independente.

Marcadores: ,

27.12.08

Suplementos analóxicos

Tanto La Voz de Galicia como Xornal de Galicia, dous medios con liñas editoriais claramente enfrontadas, comparten, porén, o carácter analóxico e pechado para a lectura na rede dos seus suplementos de cultura que publican os sábados. Hoxe non podemos ler na rede nin as magníficas catro páxinas de Ramón Nicolás e Xesús Fraga sobre o libro galego e a súa visibilidade do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia nin outros tantas que «Nós» o suplemento de cultura de Xornal de Galicia dedica ao mundo so blogs en Galicia, con traballos de Manuel Candelas e Arturo Casas. Hoxe xa existen modelos alternativos para evitar estas zonas de sombra para a información cultural na rede, como ofrecer os contidos dos suplementos en formato pdf ao día seguinte ou facelo por un sistema de subscrición en aberto. En todo caso, quero felicitar tanto aos responsables de «Culturas» pola súa defensa do libro galego visible como aos de «Nós» polo tratamento rigoroso do fenómeno blog, máis alá dos tópicos habituais.

Marcadores: , , ,

9.12.08

Benvido, «Xornal de Galicia»

Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.

Marcadores:

25.11.08

Retrasocero.com




Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!

Marcadores: , ,

25.8.08

Protexta de verán

Paso estes primeiros días de regreso á actividade cotiá debullando o magnífico e completísimo número do Protexta de verán. As longas entrevistas con Chus Pato e Bieito Iglesias teñen moita miga. Non podo agachar a miña satisfacción pola excelente acollida das nosas últimas novidades narrativas (Festina lente, O profesor de vegliota e Atracción total). Un número espléndido que consolida o suplemento literario de Tempos como o noso primeiro referente de prensa literaria independente e rigorosa.

Marcadores: ,

15.7.08

"A Nosa Terra Diario"

A Nosa Terra Diario acaba de abrir un novo espazo de crítica de produtos culturais (libros, discos, películas de cine e dvds). Un espazo de crítica que, indubidablemente, mellora os contidos deste diario dixital. Beizóns aos responsables d' ANT.

Marcadores: ,

8.7.08

Novas da Xunta, de novo xuntas

Unha moi boa noticia que non debe pasar desapercibida: o espazo Novas da Xunta de Galicia volve recoller a información de todos os membros do Goberno galego. Tras varios anos de comportamento bipolar, abenzoamos decisión tan sensata.

Marcadores: ,

29.6.08

Noticias felices

A posibilidade de que o Senado rumano estableza nos medios de comunicación unha cota do 50% para as noticias felices non debería ser considerada tan escandalosa como a primeira vista semella. En realidade esta cota, sen lei ningunha que a ampare, xa se supera diariamente en Galicia nos espazos destinados á información institucional. Un caso, o galego, que non é único en España, como ben se pode comprobar visitando outros espazos semellantes. Non deixa de sorprenderme que aquí non se fagan brincadeiras sobre esta cuestión (non entro nos criterios dalgúns medios privados) e, porén, nos escandalicemos coa inxenuidade destes rumanos que pretenden impoñer a felicidade dende os escanos parlamentares. En Internet xa hai espazos especializados só en "boas noticias". Outro problema ben diferente é determinar cáles son as noticias felices?

Marcadores:

11.6.08

Protexta primavera

Xa está dispoñible en pdf o Protexta 6. Imprescindible!

Marcadores: ,

7.5.08

Tempos dixital

Beizóns aos responsables do mensual Tempos Novos que publican a súa versión beta do seu espazo electrónico, Tempos dixital. Entre outras novidades, considero importante para a visibilidade do libro galego a posibilidade de consultar e descargar en pdf o Protexta, o seu magnífico suplemento de libros. Pareceume prometedora a sección "Entreculturas", así como a da "Hemeroteca" (onde poder consultar algúns dos traballos xa publicados con anterioridade). Non hai dúbida que este Tempos dixital axudará a tecer a vizosa rede de comunicación crítica en galego. Reiteramos as beizóns. Longa vida!

Marcadores:

5.3.08

"Protexta" co "Ideal Gallego"

Unha moi boa noticia para a visibilidade do libro galego: o vindeiro sábado, Protexta, o suplemento trimestral de libros de Tempos Novos, aparecerá inserido xunto aos catro xornais do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Con esta iniciativa, Protexta adquire unha difusión de 50.000 exemplares e se converte na revista de libros galegos de maior tirada.
Etiquetas:

Marcadores: ,

17.12.07

"Blogonovela" galega

Un artigo de Hernán Casciari e unha anotación de Juan Varela poñen sobre a mesa hoxe, outra volta, a cuestión da blogonovela ou "ficción on line". A verdade é que o modelo de blogonovela que defende Casciari (empregando a metáfora da presenza dos seareiros no estadio, que compartimos plenamente) xa fora ensaiado en galego con anterioridade (en 1999) por Camilo Franco, razón pola que debemos considerala un invento galego e non arxentino. A cadaquén o seu, meus. Agora que contamos con varios diarios dixitais en galego podería volver ensaiarse esta modalidade de creación narrativa (aproveitando as posibilidades da textualidade electrónica: textos, imaxes, sons e enlaces) con moito maior difusión e participación de lectores e lectoras. Quen se atreve a escribir outra blogonovela galega? ou quizais xa se está escribindo e non o coñezamos. neste caso, pido axuda para localizala.
Etiquetas:

Marcadores: , , ,

16.12.07

"A Nosa Terra" centenaria

No artigo da semana sintetizo o texto da laudattio sobre o centenario d' A Nosa Terra que preparei para A Noite da Edición 2007. Non teño dúbidas do papel esencial desta publicación: "O centenario proxecto editorial e xornalístico A Nosa Terra representa –pola súa insólita permanencia e capacidade de innovación e adaptación a cada momento histórico, pola súa inquebrantable lealtade co noso idioma e cos anceios de autogoberno– o papel esencial que nos corresponde aos editores en lingua galega: facer país promovendo a civilidade e a galeguidade dende a lectura na lingua de nós."
Etiquetas: ,

Marcadores: , , ,

4.12.07

ANT diario dixital

Gustei desta nova ANT dixital. Un gran paso adiante!
Destaca nesta estrea a calidade da información cultural, eis os casos das cróinicas das presentacións de Cardume ou de Fóra do sagrado (mesmo acompañada cunha gravación en vídeo) en Compostela ou a entrevista con Margarita Ledo, por só citar unhas poucas.
Esta nova A Nosa Terra, dirixida agora polo noso amigo Manuel Veiga, merece as nosas beizóns. Desexamos que o seu equipo de profesionais acade os maiores éxitos.
Etiquetas:

Marcadores: ,

12.11.07

Nace "Bloc"

Tras a aparición de Trama y texturas, coñecemos a aparición de Bloc, revista internacional de literatura infantil y juvenil. A presenza de grandes amigos como Xabier P. Docampo, Auladell ou Ventura aseguran rigor, beleza e calidade nunha publicación profesional semestral de expléndida presentación. A presentación será en Madrid o 20-N (unha boa chiscadela, si señor). Beizóns para os promotores!
Eis o texto fundacional dos promotores:
"Las personas que componemos este consejo de redacción procedemos de distintos ámbitos —escritores, bibliotecarios, editores, ilustradores, críticos...—, pero todos participamos del interés y el gusto por el texto y la ilustración, especialmente en ese género conocido como álbum ilustrado, uno de los territorios más dinámicos de experimentación estética en los últimos años.
Pretendemos con Bloc propiciar un espacio de análisis y reflexión en torno a la imagen y la palabra, proyectando una mirada especial a la construcción de mundos imaginarios en los que el texto y la ilustración aparecen de la mano.
A sus páginas se asomarán profesionales interesados en el género y en sus aspectos complementarios, ya sean éstos el diseño, la traducción, la fotografía o la literatura infantil o canónica.
Por ello, en sus páginas estarán presentes creadores bien distintos, que nos ofrecerán sus reflexiones sobre cualquier suceso literario o gráfico, y se presentarán obras que, a nuestro juicio, ofrezcan componentes de calidad, cuando no de excelencia. Aspiramos a que Bloc se convierta en ese espacio de referencia en el que cualquier profesional pueda encontrar visiones, comentarios y análisis a la altura de sus inquietudes y preocupaciones."
Etiquetas:

Marcadores: , , ,

1.10.07

"Faro de Vigo" e "Diario Cultural", premios Liber 2007

Faro de Vigo, o "Diario Cultural" da Radio Galega foron premiados pola Federación de Gremios de España cos Premios ao Fomento da Lectura nos Medios de Comunicación do ano 2007. Na categoría de televisión foi premiado Jesús Vigorra, presentador do programa "El público lee" de Canal dos Andalucía. Os premios serán entregados esta semana en Líber. Parabéns aos premiados.

Marcadores: , ,

25.9.07

Público


Mañá aparecerá Público, o novo xornal madrileño dirixido polo veterano blogueiro Nacho Escolar e vencellado ao grupo da Sexta. Custará 0,5 cents (os domingos 1 €). Recomendo a lectura da transcrición do chat co director que reproduce xornal.com, na que se presentan moitos dos criterios do novo xornal. Paréceme esperanzador que exista competencia para El Pais. Non anuncia ningún vencello con Galicia, coa excepción da colaboración de Julián Hernández e a presenza do xornalista Manolo Rico como responsable de Política.
Etiquetas:

Marcadores: ,

13.9.07

A cor de Galicia

Outra mostra da crise do Celta como institución é o retroceso que se produciu esta tempada no uso do galego no seu xornal oficial. Coincido ao cen por cen con este comentario de Todocelta sobre as mudanzas (para peor, moito peor) da publicación gratuíta que o clube distribúe cada xornada en Balaídos. A cor de Galicia (pode baixarse en pdf) desta tempada aparece cunha moi escasa presenza do galego, ademais de contar cunha información menos elaborada e interesante ca na anterior. Non pode ser alleo a esta cuestión o feito de que esta tempada xa non sexa Merlín Comunicación (a nova empresa especializada en exposicións e comunicación cultural do Grupo Galaxia) a editora da publicación. Non acreditamos en que existan razóns obxectivas (económicas ou de calidade xornalística), a pesar de que o Celta milite agora en Segunda división, para que esta publicación fose devaluada nos seus contidos de forma tan notable. Non era o emprego do galego un dos sinais de identidade do club que dirixe Xavier Martínez Cobas? Algunha explicación, tamén sobre este tema, compriría que proporcionasen os responsables celestes, nun momento de enorme preocupación cidadá sobre o futuro que lle pode agardar ao club. En plena campaña de abonados (a pesar do anuncio da Marea celeste) a asistencia ao estadio nas dúas primeiras xornadas reduciuse a menos de cinco mil siareiros, as opinións nas emisoras de radio son moi pesimistas e xeralmente iradas, ademais de correr sms entre os afeccionados celestes propoñendo un boicot á Directiva para a vindeira xornada en Balaídos. Algo habería que facer.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

6.9.07

E ti, pos a galega?


powered by ODEO
Moi simpática esta cuña da Radio Galega.
Vía Imeneo.
Etiquetas: Radio_Galega

Marcadores: ,

23.8.07

El Jueves, máis madeira

Marcadores: ,