U-la edición en galego?
Teño tres exemplares que recibín con cada un dos xornais impresos que comprei onte. Ningún deles está en galego. No País de hoxe aparece unha nota de desculpa lamentando o erro que supuxo que na súa edición de Catalunya se agregasen exemplares non editados en catalán. A quen teño que reclamar en Galicia?: A cada un dos xornais que distribuíron a edición só en castelán? Á Delegación do Goberno? Á DXPL? Quen garante os meus dereitos lingüísticos de recibir información pública na nosa lingua? Que voces dos partidos se pronunciaron para denunciar esta discriminación lingüística tan clamorosa?
Ae fond kiss
Sei da nova película de Loach por dous novos blos: Infixo e Café instantáneo. Elegantes e magnificamente escritos. Seguireivos, benvidos!!!
A boa sorte
Outra benvida: a da nova editora galega Xixirín, promovida por Daniel Rozados. Recibo o seu primeiro título, a tradución dun dos best sellers do pasado ano, que aborda as claves da prosperidade ou, falando con menos eufemismos, as claves para converterse en millonario. Abrín o libro e topei cunha das citas máis coñecidas de Woody: "o noventa por cento do éxito consiste sinxelamente en insistir". Pregúntome se na edición, insistindo o noventa e cinco ou máis por cento das veces, como é posible que, aínda así, fracasemos? Lerei con atención o primeiro libro editado por Daniel.

Marcadores: Edición
2 Comments:
Eu conseguín un exemplar en galego... mercando La Vanguardia. Vivimos nun paradoxo.
A verdade é que hoxe en Compostela souben que un xornal entregou a edición en galego. Parabéns para a Editorial Compostela, sen que serva de precedente. O paradoxo é que a elección, semella, que a fixeron os editores dos xornais. Ou non?
Postar um comentário
<< Home