27.2.05

Saudades do Río


Rio de Janeiro

A visita de M. tróuxonos as saudades todas da familia nosa do Río e do Cabo Frío. Falamos e falamos do estado da esperanza, do desfile dos blocos da Portela, dos libros e discos que compartimos ou das palabras e da memoria da avoa... M. marchou para alá entusiasmado coa edición galega da novela de Nélida e cargado coas últimas novidades. Soñamos coa presenza algún ano da literatura nosa na Festa Literaria Internacional de Paratí. Valoramos a posibilidade de promover unha Semana da Cultura Galega no territorio paulistano.

Marcadores: