Agustín en coreano
Agustín envioume a edición do seu Skywalker en coreano. A edición da editorial Myung Jin Publication é unha marabilla: capa dura, sobrecuberta plastificada e verxurada ao tempo, ilustración abundante (choca como nos ven aos occidentais). Coa excepción dos números do ISBN, o resto dos caracteres é imposible identificalos. Téñolle moita querenza a este Skywalker (un dos pouco libros de Agustín que non publiquei), sen embargo, gábome de ter sido o primeiro lector desta historia sobre a solidariedade nos tempos da corrosión do carácter. Con certeza que chegarán outras traducións tan chulas coma esta coreana.
Marcadores: Traducións
4 Comments:
Cando hai uns meses veu Mariasun Landa a Pontevedra trouxo a edición coreana dun livro seu que lle acababa de chegar -quizá fose o "Crocodilo", non lembro-. Unha verdadeira fermosura, abofé.
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Este comentário foi removido pelo autor.
Postar um comentário
<< Home