Bandas, tamén, en Pontevedra?
Onte á noite, na presentación do libro de Silvestre tocaron Magoya Bodega e Pablo Nogueira, dous músicos e compositores tradicionais magníficos. O acto, moi emocionante e concorridísimo, serviu para facer unha denuncia pública da pretensión da Deputación Provincial de Pontevedra de montar unha escola de gaitas, baixo o sistema didáctico das bandas á escocesa de Foxo/Baltar.
Coa pretensión de apoiar á música tradicional (cunha cantidade económica importante, 90.000 euros) Louzán pode esmagar o traballo concienzudo que fan, dende hai moitos anos, os gaiteiros pontevedreses, ao tempo que perpetrar un ataque ao patrimonio inmaterial. En Arredemo dáse conta do comunicado elaborado polas asociación culturais e de música tradicional de Deza-Tabeirós que se presentará hoxe e no que, tamén, se denuncia o asunto.

Marcadores: Música
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home