Feira do Libro de Santiago
Con Rosa Aneiros como pregoeira arrinca hoxe a Feira do Libro de Santiago. Creo que é un acerto o cambio de datas, aproveitando deste xeito a efeméride do Día do libro e a do primeiro de maio. Aínda que con respecto a edicións anteriores se reduciu o número de expositores (o que debe levar a unha reflexión aos organizadores, a Federación de Libreiros de Galicia), o programa de presentacións e asinaturas é interesante. Agardemos que a choiva respecte unha feira da que adoitamos todos os anos saír pingando.
Marcadores: Librarías
2 Comments:
¡Como! Na miña terriña a chuvia é arte, Brétemas; deberiades de estar orgullosos de enchouparvos de tanta seguida. ;)
Si, "cidade nun mar de pedra" (Celso Emilio dixit). A auga molla os libros e o pobre Pedreira, o presidente dos libreiros, fartiño do chollo ideou colocar unha carpa. Aquilo semella, agora, unha grande paparota, das que Fraga empregará para desencrispar.
Postar um comentário
<< Home