18.5.05

Despois do 17

Despois deste 17 semellan detectarse novas tendencias a ter en conta para futuras edicións: os libreiros comezan a saír a rúa en varias cidades (con maior ou menor éxito, esa é a verdade); o cortexo cívico colle corpo e arrastra a máis de mil persoas; a romaxe etnográfica de Vilanova preséntase como un modelo de animación popular; os libros fanse máis visibles nalgúns escaparates; os rapaces reclaman a telefonía móbil en galego; continúan as iniciativas a prol da normalización da lingua en todos os ámbitos e, mesmo, os actos da Academia perderon un chisco do seu cheiro a naftalina. Algo moveuse este 17.

Marcadores:

2 Comments:

Blogger folerpa said...

O único que se moveu este día foi a xente cara as praias coma ben recoñecía o símpatico e despreocupado presidente da academia. Polo demáis ainda que a fique a esperanza imos camiño dunha lingua morta máis cando o símpatico e despreocupado presidente presume de non saber nada de informática. Así nos vai.

6:46 PM  
Blogger Brétemas said...

Non creo no fatalismo, nin aposto polas profecías cumpridas (mesmo hoxe anunciábase un modelo físico que agoira a desaparición da lingua en menos de cen anos). Algunhas tendencias albíscanse para mudar a caída. O "simpático presidente" non estivo moi fino, a verdade é esa.

7:27 PM  

Postar um comentário

<< Home