A campaña da FPG
Marcadores: Autonómicas_09, Política, Vídeos
Notas do traballo de edición
Marcadores: Autonómicas_09, Política, Vídeos
A cancelación do debate a tres por parte da CRTVG, obrigada pola estratexia de Feijoo, creo que liquida as posibilidades (escasas) do PP-G de obter a maioría absoluta. Sei que estes días a moitos nos entrou o medo no corpo diante da decepcionante campaña de Touriño, que moi pouco pode mobilizar aos indecisos progresistas a acudir votar. No obstante, o erro do equipo de campaña de Feijoo de forzar até o límite a estratexia dos debates a dous, devólvelle alento a Touriño, que pode coller un certo acougo. No entanto, como a votación non acade o 60% de participación, o bipartito (a pesar dos nobles esforzos e da boa campaña de Quintana) pódeo ter difícil. Quen dixo que as campañas electorais non servían para nada?Marcadores: Autonómicas_09, Política
O pasado 12 de Febreiro foi constituída en Compostela unha plataforma cidadá que baixo o lema «Se resides, decides» traballará por conseguir a reforma en profundidade da actual Lei Orgánica de Rexime Electoral Xeral (LOREG, 5/1985) que regula o dereito de sufraxio e o seu exercicio.
A iniciativa aspira a dar resposta ao amplo sentir cidadán crítico coas manifestas eivas do actual sistema electoral, que recoñece dereito pleno a colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercício do dereito a voto –e todo o que ese exercicio leva aparellado– ao tempo que mingua, ou directamente nega, dereitos a colectivos que residen de forma permanente no país (mariñeiros, penados, inmigrantes).
Trátase como é sabido dun problema que a nosa sociedade arrasta desde hai moito tempo e que nos últimos anos adquiriu proporcións que dificilmente pode admitir unha sociedade que se reclama democrática.
Co seu lema, «Se resides, decides», a plataforma deixa claro que entende que o voto há de ser un dereito de residencia, non de sangue e, nese sentido, traballará para que o exercicio dese dereito sexa recoñecido de maneira efectiva a todas as persoas que residen de forma estábel e permanente na nosa comunidade. Traballará asi mesmo para que os dereitos que se recoñezan ás persoas de orixe galega que residen de maneira permanente no estranxeiro se regulen de acordo con esa situación.
A plataforma prevé desenvolver a sua campaña en duas fases ben diferenciadas.
Na primeira, que culminará o 1º de Marzo, dirixirase a todos os partidos e coalicións que presentan candidatura a estas eleccións para os instar a adquiriren o compromiso público e firme de iniciar, imediatamente a seguir a constitución do próximo Parlamento Galego, todas as xestións que estean ao seu alcance (tanto no ámbito autonómico como no estatal) para que a LOREG de 1985 sexa imediatamente derrogada.
Na segunda, a plataforma traballará para que a nova lei contemple as súas reivindicacións, que cré son compartida pola esmagadora maioiria da sociedade galega. Nese sentido, actuará perante os poderes públicos e realizará unha ampla campaña de sensiblización social.
En breve, a plataforma dará a coñecer o enderezo da sua páxina web que estará aberta a todas aquelas persoas e colectivos que queiran prestar o seu apoio á iniciativa.
Compostela, 14 de Febreiro de 2009
Marcadores: Autonómicas_09, Política
No artigo da semana analizo algúns dos datos da enquisa máis recente do CIS (pode baixars en pdf) e propoño unha reflexión para que na previsible segunda lexislatura do bipartito algunhas cuestións pendentes, temas de país, sexan abordados dende unha perspectiva transversal.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política
No artigo da semana reclamo que o tren de proximidade sexa unha das prioridades da vindeira lexislatura.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política
A reclamación presentada polo PSOE diante da Xunta Electoral Central (XEC) sobre a necesidade que os inscritos no censo de residentes ausentes que voten nas eleccións galegas do primeiro de marzo incorporen a súa papeleta o DNI ou pasaporte é unha lamentable (por non dicir vergonzosa) torpeza política. Con esta reclamación os responsables socialistas, encabezados por José Blanco –a pesar de xustificala en que «calquera cambio non procedementos de votación pode introducir unha dose de inseguirade xurídica nos resultados»– non fan máis que poñer sobre si mesmos os focos da sospeita; mais aínda cando está máis que comprobado que a fraude no sufraxio do CERA foi unha práctica habitual en convocatorias electorais anteriores. José Blanco quere que a XEC se pronuncie sobre que sucederá cos votos que non veñan acreditados e se isto suporá que seran declarados nulos, chegando a suxerir que isto podería supoñer que o PSOE puidese chegar a presentar un recurso diante do Supremo. En todo caso, os responsables socialistas galegos da emigración saben que co voto acreditado por DNI ou pasaporte (por certo, idénticos requisitos aos esixidos ao resto do electorado do interior) os sufraxios do CERA (un rexistro que xa supera os 300.000 inscritos, o 12,00 % do electorado) inevitablemente, diminuirán xa que son moitos os electores que carecen desta documentación (o que non deixa de constituír un paradoxo) e tampouco teñen tempo dnin posibilidade e obtela nos consulados españois. Unha diminución que supoñen lles prexudicará, na medida que nas máis recentes convocatorias os socialistas, como partido do goberno, sempre obtiveron a maior porcentaxe de votos. Non hai dúbida que a única solución viable para asegurar a lexitimidade das votacións do CERA é por medio de urna, o que sabemos require unha modificación da Lei Electoral. No entanto, mentres isto non chega, semella moi razoable que o voto emigrante no exterior (os dos emigrantes galegos no resto do estado e o dos mariñeiros está vedado para eles) sexa, canto menos acreditado, nas mesmas condicións que o do resto dos cidadáns. Imaxinamos o que podería suceder a estas alturas, se a maioría en litixio se obtivese grazas aos sufraxios do CERA? Imaxinamos que lexitimidade (como lembrou hoxe Feijoo) tería unha vitoria obtida nestas condicións?Marcadores: Autonómicas_09, Política
A entrada de Corina Porro na lista do PPG de Pontevedra é unha noticia que non debe pasar desapercibida. Razóns de moito peso debeu valorar a ex-alcaldesa de Vigo para abandonar o seu escano no Senado e a poderosa vicepresidencia da Deputación. Motivo que albisco debe residir nese segredo que circula sotto voce sobre os resultados de case todas as enquisas preelectorais en Vigo, que serían claramente adversos para os dous partidos do actual Goberno Galego. Mesmo, un xornalista, que sei moi ben informado do que se coce en certas alturas compostelanas, calificoumos, estritamente en privado, de «sinxelamente horribles, tanto para o PSOE coma para o BNG». Algo que me pareceu verosímil, dado que abonda poñer a orella nas cafetarías e tascas viguesas para comprender que o actual bipartito do Campo de Granada, presidido polo fantasioso Caballero e polo nacionalista Domínguez, non consegue arrincar entusiasmo por ningures, mesmo entre os seus propios partidarios. Se a isto engadimos a incidencia da crise do sector da automoción sobre o emprego (que pouco pode alentar o apoio aos responsables das administracións, sexan os da central ou da autonómica), podemos comprender que para Alberto Núñez Feijoo a cidade da oliveira se transformase na súa praza máis decisiva para intentar gañar as eleccións (ou polo menos para fachendear de terlle quitado un deputado ao bipartito en Pontevedra, precisamente na provincia pola que se presenta o actual presidente da Xunta). Sen dúbida con Corina no segundo posto da candidatura, sabendo que aínda conserva unha certa aura de política de proximidade, a operación albertina de asalto a Pontevedra semella máis factible. A pesar de que as enquisas amosan unha clara tendencia á baixa do PPG en Ourense e Lugo, equivocaríanse os que considerasen as vindeiras autonómicas apenas coma un trámite electoral que refrendará un inevitable segundo bipartito de composición semellante a actual. A triste actuación do PSdeG-PSOE e do BNG vigueses durante o ano e medio transcorrido desta Corporación é unha oportunidade obxectiva que pretende aproveitar Alberto Núñez Feijoo apostando polo tirón populista de Corina, que conta mesmo co apoio dunha parte da directiva da Federación Veciñal viguesa. A verdade é que como xogada de ataque non está mal pensada. Teñen algunha posibilidade de contrarrestala Touriño e Quintana?Marcadores: Autonómicas_09, Política
Dende aquí pode baixarse en pdf o Informe Anual do IGADI. No documento, que leva por titulo «As crises dunha nova xeopolítica global», afóndase nas claves do 2008 e as perspectivas para o 2009. Entre as primeras destácase a elección de Barack Obama, o auxe do G-20 para facer fronte á crise económica mundial, o poder olímpico de China, o xadrez xeoestratéxico de Rusia ou o dramatismo da xeopolítica das materias primas. Entre as perspectivas para 2009, o documento afonda na crise económica, o epicentro da inestabilidade global (Afganistán-Paquistán), as dificultades da reforma chinesa, as presidenciais de Sudáfrica ou o peche de Guántamo. Os nosos parabéns para Xulio Ríos, o director do informe, e para o seu equipo. Esta é unha magnífica ferramenta para comprender a situación actual o mundo dende Galicia.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Autonómicas_09, Campo de Granada, Política
Esperanza é, tras a rotunda vitoria de Obama, a palabra clave do día de hoxe. É innegable que a campaña do demócrata, alicerzada nas ferramentas da comunicación dixital foi impresionante, como o é a súa forza oratoria nos momentos estelares capaz de chegar a emocionar. Mais o maior éxito de Obama está nas enormes doses de autoestima (ese «we can») e de xpectativas de cambio que xerou nos máis diversos sectores da cidadanía estadounidense, ata agora tan desesperanzada como rota polo soño imperial inacadable de Bush e pola súa enorme incompetencia. Obama, ata agora un xestor e activista de base, ten moitos retos por diante: xestionar dúas guerras que sabe que o seu país non pode gañar, restaurar o multilateralismo e acometer profundas reformas sociais (dende a reforma sanitaria á educativa). Sabemos que o seu maior inimigo é a ambigüidade calculada coa que se expresou sobre algúns destes temas. Porén, e a pesar destas dificultades obxectivas, son moitos millóns de persoas no mundo as que teñen esperanza en que o cambio tranquilo de rumbo que prometeu este primeiro líder mundial do século XXI se vaia producindo. Hoxe tamén o esperamos nós.Marcadores: Política
No artigo da semana falo da visita de Zapatero a Galicia e da chegada do AVE da meseta e do tren rápido do Eixo Atlántico. Recomendo o espazo web do enxeñeiro Xosé Carlos Fernández Díaz que fai un seguimento detalladísimo sobre estas obras e sobre a situación do ferrocarril en Galicia. Sobre a mesma cuestión é interesante a entrevista que La Voz de Galicia conseguiu facer a Zapatero. O presidente, nunhas declaracións prudentísimas (nas que subxace a súa necesidade de contar cos dous votos do BNG para aprobar os orzamentos de 2009), enuncia o que será, a partir da agora, a doutrina oficial sobre o calendario do AVE galego:Todas las opciones técnicas se están contemplando, las entradas a las grandes ciudades exigen también un gran compromiso técnico, pero hoy la ingeniería resuelve casi todas las dificultades. El mensaje es que Galicia va a tener alta velocidad en toda su red de ciudades. Los ciudadanos pueden ver las obras, ver los túneles, el movimiento de tierras, en todos los tramos prácticamente se está produciendo. Nos queda y estamos en la fase de estudio de impacto ambiental para la conexión directa con Vigo, licitaremos todo lo que es la conexión con el centro en el 2009 y a partir de ahí vamos a todo ritmo posible y cuanto antes lleguemos, mejor será.
El problema es que los plazos son técnicos y los Gobiernos no debemos hacer una presión política a los técnicos en obras de gran complejidad. El tramo Ourense-Santiago tiene 30 viaductos y 35 túneles. Lo importante es que hay disponibilidad financiera y compromiso político. A partir de ahí tenemos que dejar un espacio a la ingeniería para que establezca sus plazos. No debemos presionarles, porque saben que tienen que hacer las cosas cuanto antes, pero bien.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política
O anuncio de Touriño de completar a lexislatura do goberno bipartito paréceme excelente. Xa comentamos o domingo que o presidente estaba diante dunha difícil encrucillada: escoller entre as razóns de Galicia e os intereses da dirección federal do seu partido. Touriño escolleu con afouteza (e risco evidente para o seu futuro) apostar por finalizar o compromiso adquirido polo bipartito coa cidadanía. A súa foi unha elección moi intelixente e honorable, que o lexitima e reforza no seu papel de presidente de Galicia. Alédome, ademais, polo enorme esvarón da prensa madrileña que daba o adianto como seguro, o que demostra que as súas fontes de Ferraz deben estar moi amoladas. Agora, ben será que todo o goberno galego aproveite esta determinación do seu presidente para impulsarse neste treito final de lexislatura cunha intensa acción lexislativa e de goberno. Hoxe aplaudimos a Touriño. Ben o merece.Marcadores: Política
No artigo da semana reflexionamos sobre o máis que posible adianto electoral, as súas causas e a súa pertinencia.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Música, Política
No artigo da semana felicito á concellaría de Cultura de Vigo polo seu programa de Festas verán 2008, ao tempo que aproveito para reflexionar sobre o carácter laico que deben ter este tipo de eventos e dos comportamentos das autoridades e funcionarios civís.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Festas, Política, Vigo
No artigo da semana abordo o que entendo son as razóns do fracaso do proxecto da área metropolitana de Vigo. Creo que o cerne reside na incapacidade das forzas parlamentarias de acadar un acordo sobre a organización administrativa e política do territorio, para min, a grande revolución que precisa o país.Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo
Daniel Salgado publica en El País Galicia unha xeira de opinións sobre o modelo de xestión escollido para a CdC. Entre as persoas que fomos consultadas a maioría expresamos dúbidas sobre a conveniencia de darlle maioría ao capital privado na xestión da nova fundación. Pola súa banda, Galicia hoxe publica unha entrevista con Juan Manuel Urgoiti, a persoa escollida por Touriño para presidir a nova fundación, que non achega novidades con respecto ao xa publicado ata agora.
Comezan a desvelarse os proxectos previstos para a CdC. Non podo agachar a miña enorme perplexidade diante do modelo de xestión anunciado por Touriño: unha fundación con maioría privada (51%) para xestionar unha obra financiada na súa totalidade con cargo a fondos públicos. Outrosí sucede co anuncio do nome do responsable da nova fundación, Juan Manuel Urgoiti, empresario de tan acusado perfil financieiro e cosmopolita como escasa presenza na actividade cultural do país, ou o carácter claramente bipolar ("mixto") que se pretende proporcionar á xestión da CdC, esgazada nunha parte pública (os edificios do Arquivo e da Biblioteca Nacionais, e supoño tamén do Museo de Historia de Galicia, que serán responsabilidade da actual Fundación CdC) e noutra privada, onde se adscribirán as instalacións expositivas de perfil máis innovador (o Centro de Arte Internacional, o Museo dos Nenos e o Espazo Obradoiro) e a xestión dos servizos comúns (restauración, espazos comerciais ou parkings).