Onde vou?
Non comparto a mala fama que ten Sal como cidade de escasa actividade cultural. Teño o corazón dividido polos convites que recibo para o serán de mañán: conferencia de Quin no Clube Faro, inauguración de Diáspora. 10 artistas galegos no exilio latinoamericano (a exposición que comisaria Carlos Bernárdez) e presentación de Balada Solitaria, o último poemario de Fran. Non sabe un a que chamada acudir, todas á mesma hora nun radio de apenas cincocentos metros. Os tres son amigos, os tres actos, con certeza, moi interesantes. Aos tres dixen que iría. Onde vou?
9 Comments:
Difícil ...
(Tan difícil como atopar unha moeda de tres caras para podela botar ao aire e que axude na decisión).
En todo caso, os tres 'convidantes' han comprender ben que non tes o don da omnipresencia (ás veces non viría mal).
Alégrome de que Vigo teña esa riqueza cultural.
Vai ao poemario, home. Seguro que é o amigo máis tenro. :)
Eu non o dubidaría, dende aquel "pedramol" descoñecido fito da poesía galega.
Grazas polo enlace, estou cheo de gozo.
Eu, sabes da miña amizade coa cabrafanada, recomendoche que vaias á conferencia de quin, é alí onde a túa presenza achegará máis esperanza. Ese é o teu partido, o da esperanza, non tal?
Agradecido pola axuda de todos. Desculpeime con Cabrafanada e pensei que á exposición podo ir outro día.
Se quere o domingo vir a unha voda, convídoo. Polo menos aos vermús. Non hai lista de agasallos nin nada diso. Incluso pode casar de novo, polo civil.
Non sexas parvo. Vai á presentación do poemario de Fran Alonso. O poemario do Quin xa coñecido dabondo... Con votarlle xa vai servido como por riba ter que rirlle as grazas...
Vaia, metín mal a ligazón
O peor é atopar onde aparcar, se non un podería asistir a dúas cousas polo menos. Ánimo
Postar um comentário
<< Home