12.6.05

Entrevista a Ferrín

Josito publica en Babelia unha magnífica entrevista con Ferrín. Son interesantes, tamén, as referencias a quince autores e os informes sobre o estado dos diferentes xéneros da literatura galega.

Marcadores:

11 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non son todos os que están, nin están todos os que son. Algún quedará.

9:48 AM  
Blogger folerpa said...

Supoño que a selección sería o tema de tódalas conversas en San Simón.
As ausencias son notabeis (Jaure estará rindo a cachón pesando na carraxe do de Verín) e algunha presenza máis ca discutíbel, outras lamentabeis, que fan aí autores en castelán tan afastados deste páis e da súa realidade como a Maltesa, non falabamos das "Letras Gallegas". Os artigos de fondo bastantes lights e imparciais, destácanse a autores cunha soa novela e cítase sen máis a outros cunha traxectoria contrastada para ben ou para mal.

11:11 AM  
Anonymous Anônimo said...

Non sei a que vén tanto rebumbio polo que publica un xornal de provincias.

11:37 AM  
Blogger Martin Pawley said...

E como é habitual nos "medios serios" a literatura infantil e xuvenil non existe. Dela non se fala. Será que é pouco importante, sobre todo na Galiza...

12:22 PM  
Anonymous Anônimo said...

E que me din desa grande descuberta filolóxica do ilustre Rafael Conte que nos informa de que nas cantigas galego-portuguesas "se mezclan textos en los tres idiomas, gallego, portugués (que todavía se diferencian poco) y el castellano"? E sobre a explicación deste sabio aos Séculos Escuros?
"¿Por qué razón las letras gallegas cayeron después en una especie de silencio durante más de cuatro siglos? Razones históricas, sociales y económicas dieron al traste con aquel florecimiento inicial. Galicia se encerró en sí misma para hablar su idioma, pero dejó de ponerlo por escrito."
Ou sexa, que o galego desaparece da escrita porque a xente simplemente decidiu un día dedicarse a falar e deixar de escribir. Isto si que é un artigo escrito con rigor histórico e intelectual.

Sinceramente, se as achegas que dende os medios e a intelectualidade españois se fagan á realidade galega van ser sempre deste tipo, se todo o coñecemento de Galiza ao que poden chegar é este, se isto é o que eles consideran abrir a realidade galega ao resto do Estado, xa podían estar quietiños, porque cos tópicos que xa hai espallados por aí temos abondo, creo eu.

12:49 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu boto de manos a Carlos Casares... que pronto esquecemos, carallo.

2:18 PM  
Blogger Brétemas said...

O suplemento é interesante xa que amosa moi clariño os prexuízos que dende algúns sectores progresistas da cultura madrileña manteñen sobre a nosa literatura. O propio termo "Letras Gallegas" xa nega o feito da "Literatura Galega" como territorio independente e diferenciado pola lingua. Non é baladí, polo tanto, a presenza de autores e autoras nacidos en Galicia con obra exclusivamente publicada en castelán. Con respecto á escolla de autores, dos da literatura galega os que están, ben o merecen; aínda que non é menos certo que faltan moitos.
Con respecto aos artigos, gustei da exposición que realizan Seoane e Vilavedra (candaquén podería modular ao seu xeito algunhas das súas afirmaci;ons, que, en xeral non me incomodan). Outra cousa é ese artigo de Rafael Conte, propio dun castelanista disposto a argumentar que non existe a literatura galega. Un auténtico disparate.
Insisto en que o interese do suplemento é estudar cómo nos ven dende o centro literario madrileño. Ben é sabelo para obrar en consecuencia.

5:47 PM  
Anonymous Anônimo said...

Claro que é interesante. Interesante e desencoraxador. Ver como se manipula a nosa historia, como a mantenta se terxiversa a información, como no caso desta frase: "Manuel Rivas opta por el gallego en la lírica y acierta en la narrativa con algunas pequeñas fábulas sociales y políticas" na que parece darse a entender que Manuel Rivas escrebe en galego unicamente a súa obra "lírica" -considerada claramente secundaria no conxunto da obra dun escritor que goza dun certo prestixio e de grande popularidade en España- e "algunas pequeñas fábulas", e non todo o resto da súa produción, quitadas as colunas do País.

Que quere que lle diga, Brétemas, a min paréceme que o Babelia do sábado non contribúe a abrir a realidade galega ao resto do estado, senón a perpetuar os tópicos que xente coma o Conte ten metidos na cabeza sobre nós. Non é unha apertura, unha indagación dun medio español na realidade de Galiza, senón nos propios preconceitos que eles teñen sobre Galiza.

Eu, que vivo en Madrid e ademais traballo nunha das empresas editoriais de Jesusito del Gran Poder, pódolle asegurar que o xeito en que se nos ve aquí coincide bastante co de Conte, na forma e no fondo, partindo da ignorancianosa realidade e da nosa historia e, o que é máis triste, do desinterese total e absoluto.

6:29 PM  
Blogger folerpa said...

E o teatro?

6:29 PM  
Blogger Brétemas said...

Celia: pois é ben que comprendamos que existe esa opinión maioritaria que expresa Conte. Significa que temos moito que labrar. A cousa, ben o sabemos, está moi dura de roer.

6:58 PM  
Blogger folerpa said...

Con permiso recunco outra vez.
Brétemas non me percatara da sutileza da frase "quince autores".

7:36 PM  

Postar um comentário

<< Home