Entrevista en Radio Nacional
Marcadores: Entrevistas, Xerais
Notas do traballo de edición
Marcadores: Entrevistas, Xerais
Teresa Cuíña fíxome esta entrevista que aparece publicada hoxe nas páxinas de «Luzes» de El País Galicia. A fotografía é de Lalo Villar. Grazas aos dous polo seu agarimo e magnífico traballo.Marcadores: Edición, Entrevistas, Persoal, Xerais
Manuel Gago e máis eu fomos convocados hoxe polo Diario Cultural da Radio Galega para opinar sobre o libro electrónico. As entrevistas de Anxo Quintela poden escoitarse aquí.Marcadores: Entrevistas, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías
O xornalista Javier Mosquera publica onte no Faro unha entrevista de dúas páxinas con don Francisco Fernández del Riego. Co pretexto de comentar o recente noventa e seis aniversario (si 96!) do patriarca do galeguismo, Mosquera (un bo amigo de don Paco) tíralle da lingua sobre cuestións estritamentes persoais (o que fuma, o que bebe, o que come, as súas rotinas de traballo...). No entanto, ao remate, don Paco, sempre tan contido e discreto, dispárase e fai unha contundente denuncia pública sobre a situación da súa doazón (biblioteca e pinacoteca) á cidade de Vigo e o desinterese dos diferentes alcaldes por cumprir as condicións asinadas con el no ano 1995 (sendo alcalde Carlos G. Príncipe):- A situación da súa doazón á cidade?Ten toda a razón don Paco denunciando unha situación que, coñecéndoa (como outras), non tivemos a coraxe de facer pública nunha cidade cada vez máis degradada no eido institucional. «Unha cousa son os administradores e outra a cidade» é unha frase clave e luminosa para explicarlles aos que aquí non viven o que ven acontecendo en Vigo dende hai varias décadas.
- Bueno? Está paralizada totalmente. Non estou satisfeito. A biblioteca e o museo son valiosos? É un museo contemporáneo, da miña época, con obra de Colmeiro, Laxeiro, Maside, Torres, Minguillón? É una doazón en vida, feita en 1995 con dúas ou tres condicións que están por cumprir. Unha delas e o do persoal, e non ten persoal ningún. Tal como está sirve de complemento á Fundación Penzol?
-Non se están cumplindo as cláusulas da doazón?
- Non. Especialmente no que afecta a persoal e condicións da sede. Está totalmente desprotexida. Vigo ten un gran pecado. É una potencia industrial, pero ten un desaproveitamento da vida cultural notable. Falta tradición.
- Foron moitas as promesas de arranxar a situación?
- Moitas. Pasaron moitos alcaldes e nada? A biblioteca está morta e o museo debería ter personal idóneo e visitas guiadas. Hai moito material sin incorporar porque no hai onde metelo e mantense na caixa forte e outro o conservo na casa. En total non ocupa máis que un par de habitacións na Casa Galega da Cultura. Sinto unha decepción grande? Non estou arrepentido, porque teño unha identificación coa cidade moi grande, pero síntome triste. Xa desistín de decir nada. .. Alá eles. Estou moi decepcionado cos dirixentes, pero teño claro que una cousa son os administradores e outra a cidade?
Marcadores: Autores, Cultura, Entrevistas, Vigo
Mais que recomendable a longa conversa que manteñen Agustín Fernández Paz e Manuel Vidal Villaverde este luns en Galicia hoxe. Entre as moitas cousas a salientar das palabras sabias de Agustín recollo estes dous fragmentos imprescindibles:Se non se quere que haxa cidadáns de primeira e de segunda, teñen que crearse as condicións para que poidamos vivir en galego coa mesma normalidade coa que o pode facer unha persoa castelán falante. Para iso, entre outras moitas medidas, é imprescindible que a poboación sexa competente nas dúas linguas oficiais, para que logo cadaquén poida decidir se usa unha ou outra nos diferentes ámbitos e situacións. É dicir, a dobre competencia é imprescindible para garantir a liberdade lingüística. Unha dobre competencia que xa posuímos todos os cidadáns que temos como lingua de instalación o galego. Pois non se debe esquecer que a oposición entre castelán falantes e galego falantes é, en boa medida, unha falsidade. En todo caso, a oposición será entre os que temos competencia bilingüe e os que se encastelan no mantemento da competencia monolingüe vivindo nun país con dúas linguas oficiais.O segundo sobre algúns dos problemas da lectura e escrita en galego:
Escribir nunha lingua minorizada socialmente leva aparellados serios problemas de visibilidade, tanto na propia sociedade (e penso agora nos libros galegos en Galicia, confinados coma nunha reserva india nunha parte significativa das librarías, ou no tratamento subordinado que reciben nos medios de comunicación, ou no insidioso mantra de que somos unha literatura subvencionada) como na posibilidade de ser traducidos a outras linguas e chegar así aos potenciais lectores doutros países do mundo. Así que esta cuestión é política, e son as medidas de política económica e cultural as que poden axudar a solucionala.
Marcadores: Autores, Entrevistas, Lectura, Lingua, Recurso_didáctico
Pareceume moi interesante a entrevista que Galicia hoxe publica con Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte. O que máis me chamou a atención é o escaso interese que se lle concede á cuestión do libro e a lectura nun amplo percorrido polos temas da axenda da consellaría de Cultura durante a lexislatura (Cidade da Cultura e a súa xestión, AGADIC, Plan Galego das Artes Escénicas, patrimonio...). Coa excepción dunha breve referencia ao plan de fomento da lectura e á presenza nas feiras de Frankfurt e Boloña non atopamos, nin por parte da conselleira nin da persoa que a entrevista, ningunha outra alusión ao mundo da lectura e da creación literaria. A palabra «libro» tampouco aparece por ningures. Algunha vez os responsables actuais da consellaría de Cultura e Deporte deberán explicar cáles son as razóns desta omisión (consciente ou inconsciente, a verdade que non sei interpretala) do «pan da cultura» e do eixo que vertebra todas as políticas culturais das sociedades do noso entorno. Seguindo este mesmo fío, a ningún observador atento se lle puido escapar que este ano o Cultur.gal 2008 (organizado pola Consellaría de Cultura) perdeu na súa denominación o sintagma «libro» co que fora bautizado na súa primeira edición. Un detalle, quizais, insignificante, que nos deixa perplexos nunha comunidade que durante estes tres últimos anos non conseguiu abandonar os postos de cola en índices de lectura e dotación bibliotecaria.Marcadores: Cultura, Entrevistas
Onte acompañamos a Marcos Calveiro na primeira presentación de Festina lente, realizada no obradoiro de encadernación da Libraría Couceiro compostelana. Hoxe aparecen catro entrevistas nos medios nas que Marcos salienta o valor dos libros como poderosas armas de coñecemento contra a intolerancia e o carácter da novela como fresco histórico da Compostela dacabalo dos séculos XVI e XVII. As primeiras referencias de lectura que estamos recibindo son inmellorables, na liña da nosa intuición. Seguiremos presentando a novela na Feira do libro de Vigo, no Festigal e na Feira do libro da Coruña.Marcadores: Autores, Entrevistas, Narrativa, Presentacións, Xerais
Manuel Rivas é entrevistado na revista UNELIBROS. Manolo, entre outras cousas ben interesantes, propón a creación dun novo ecosistema para a promoción da lectura e do libro: o pub-taberna-libraría. Quedo con estas tres afirmacións en defensa do libro, a lectura e a biblioteca:Marcadores: Bibliotecas, Entrevistas, Lectura, Libro
Hoxe estas declaracións do escritor Ferrant Torrent non se me pasaron desapercibidas. Grazas, Carballido.Marcadores: Autores, Entrevistas
Marcadores: Artigos_Luzes, Entrevistas, Polémicas
Rematei a lectura do magnífico libro de conversas co editor Francisco Pillado, preparado polo tamén editor Xosé Luna Sanmartín (quen no vindeiro mes de xaneiro publicará na nosa colección BLG dúas pezas teatrais de Manuel Varela Buxán) e publicado por Espiral Maior. Un libro sincero, descarnado, intimista, valente, indispensable para adentrarse na figura humana, intelectual, literaria e política de Pillado, unha persoa a quen lle teño dende o que coñecín tanta lei como admiración persoal. A verdade é que cada vez gusto máis de ler e editar estes libros de conversas, un xénero biográfico que permite un achegamento máis complexo e obxectivo aos seus protagonistas, estimulados (coma neste caso acontece con Xose Luna) polo entrevistador a tirar da súa memoria e da súa capacidade de reflexión. Entre os moitos aspectos que me chamaron a atención do libro salientaría, sobre todo tres: o relato do traballo de Pillado na reinvención do teatro galego contemporáneo (figura fundamental, xunto a do seu amigo e compañeiro Manuel Lourenzo, tan presente nestas páxinas); o seu traballo como autor de libros de conversas (en colaboración co seu, tamén inseparable, amigo o editor Miguel Anxo Fernán Vello, con quen preparou o de Carballo Calero e os dous volumes de Xosé Manuel Beiras, libros fundamentais para entender a cultura galega contemporánea) e o seu labor de editor vocacional en lingua galega, á fronte dos indispensables Cadernos da Escola Dramática Galega, Biblioteca do Arlequín de Sotelo Blanco e de Edicións Laiovento (no libro reconstrúese a historia deste proxecto editorial, trabe primeira da edición ensaística galega dos últimos dezasete anos). Moi interesantes son, ademais, as reflexións de Pillado sobre o estado da edición cultural no mundo, sobre a conveniencia de creación dunha editora nacional, a defensa da popularización do elitismo cultural como o mellor antídoto contra a vulgaridade reaccionaria ou as súas opinións sobre a deriva que colleu o BNG nos últimos anos, organización política na que Pillado militou de forma destacada. Un libro que recomendo vivamente.Marcadores: Autores, Editores, Ensaio, Entrevistas, Teatro
Con motivo da recente aparición de Hai cu, o poeta Xavier Cordal faille outra entrevista ao Leo.
Marcadores: Autores, Entrevistas, Novidades, Poesía, Xerais
Sarille pon o dedo na chaga do galego: o problema da situación "alarmante" da lingua e da súa perda de falantes está na falta de vontade política de todos os partidos con respecto ao proceso de normalización. Diante de tan contundente radiografía, expresada no seu recente ensaio, A impostura e a desorientación na normalización lingüística, Sarille propón abrir un debate sen imposturas nin visións litúrxicas.Marcadores: Entrevistas, Lingua
Nova entrevista a Ramiro Fonte, desta volta na Voz de Galicia. Afortunadamente a publicación da terceira e derradeira entrega das Vidas de Infancia, non está pasando para os medios de comunicación desapercibida (este esforzo afouto de ofrecer case mil catro centas páxinas de prosa galega miniada ben o merece). Na entrevista realizada polo tamén escritor Ramón Loureiro (ollo á crítica extraordinaria de García Posada sobre As galeras de Normandía, considerada polo importante crítico como "obra mestra", "una de las obras de mayor peso de las literaturas hispánicas en los últimos tiempos" e cun "nivel máximo de exigencia moral y estética, como sólo saben hacerlo los grandes escritores...", beizóns, Ramón!) hai afirmacións de Ramiro que merecen ser arquivadas:Marcadores: Autores, Críticas, Entrevistas, Presentacións, Xerais
Tras a presentacións de Cardume, hoxe apareceron senllas entrevistas con Rexina Vega (mágoa que a da ANT non se poida enlazar na rede, un problema que debe solucionar o novo diario dixital).Marcadores: Autores, Entrevistas, Xerais
"O que aínda non conquistamos son eses 5.000 lectores cultos, que len libros e que lles gusta a literatura. Unha das cousas das que estou máis orgulloso con este libro [a triloxía Vidas de infancia] é de que, malia a que posibelmente sexa pouco lido nos círculos da cultura, si que o le, ou vai ler, xente que nunca se achegou a un libro e que van facer o esforzo de ler en galego por primeira vez. Xente da miña vila que farán que o libro rache ese círculo. Pero o problema da nosa literatura e da nosa produción cultural é crear unhas zonas de recepción ilustradas. Nunca houbo este fondos económicos e, no entanto, onde está un Otero Pedrayo? Onde está un Risco? Onde un Cunqueiro?"Recoméndoa.
Marcadores: Autores, Entrevistas, Xerais
Marcadores: Autores, Entrevistas, Narrativa
As dúas presentacións de Cardume constataron a importancia do debut de Rexina Vega como narradora, ao tempo que constituíron senllos actos cívicos de homenaxe á memoria resistente da literatura e da figura de Urbano R. Moledo.Palabras, desde Valencia, sobre Rexina VegaMiñas donas e meus señores:
Falo desde Valencia, onde asisto, como conferenciante, a un Congreso Literario que conmemora, no seu 70 aniversario, o celebrado en 1937 polos Escritores Antifascistas do mundo enteiro, aquel Congreso que se propuña defender, da barbarie fascista, a República española, a nosa gloriosa República.
A Valencia de 1937 e a Valencia de hoxe non son alleas á temática, á tensión e á emoción literarias presentes nas páxinas de Cardume, algunhas, poeticamente excelsas.
Se tivese a sorte de falar aí, en Vigo –en prosa non preescrita– disertaría sobre a xestación da gran novela de Rexina Rodríguez Vega que hoxe nos convoca, un prodixioso e dramático relato protagonizado por alguén que se chamou Urbano Rodríguez Moledo, cidadán de ideas socialistas, escritor polifacético en galego e humilde funcionario municipal, fusilado no monte do Castro o 10 de decembro de 1936 ós 34 anos de idade. Resulta que o infortunado escritor –o Urbano da novela– foi curmán da avoa de Rexina Vega, como ela mesma conta no limiar d’ A volta da perdida, peza teatral inédita incautada a Rodríguez Moledo polos militares no tráxico verán de 1936 e atopada, hai pouco, pola man dilixente do historiador e filólogo Ángel Rodríguez Gallardo. Hoxe tamén presentamos a primeira edición desta obriña de teatro, rescatada dos arquivos da represión 71 anos despois, e que se publica, en Edicións do Castro, nunha colección que eu bauticei cun termo non eufemístico: “Biblioteca do 36”. Precede a esta exhumación un estudo esclarecedor e reinvindicativo de Rexina Vega, hoxe por hoxe a única monografía sobre o cidadán e o escritor Urbano Rodríguez Moledo.
Se eu tivese a sorte de falar aí –en prosa non preescrita– disertaría sobre a xestación de Cardume, a novela protagonizada por Urbano, un personaxe construído coas mellores normas da ficción narratolóxica pero inspirado na biografía do dramaturgo socialista fusilado en Vigo hai 71 anos. Rexina Vega, mentres se interesaba, como cidadá e historiadora, pola vida e a obra literaria de Urbano Rodríguez Moledo, resolta a devolverlle a dignidade arrebatada, inventa un relato novelesco que o infortunado escritor protagoniza, un relato, Cardume, que xa é unha páxina de ouro da narrativa galega das últimas décadas. Relato inscrito, de cheo, na narrativa centrada na Guerra Civil, Cardume é novela con rasgos e virtudes ausentes nas mellores deste xénero.
Rexina escribíu coa mesma man a breve monografía sobre o infortunado escritor e a novela que el protagoniza: coa man esquerda. Eu comecei a ler esta novela, aínda inédita, cun certo temor, pero, lidas as primeiras páxinas, atrapoume e convenceume o universo humano do relato e a feitura do relato mesmo, ademais da súa prosa, da súa literaria prosa.
Se eu tivese a sorte de falar aí, disertaría sobre a xestación da maxistral novela de Rexina Vega, e apuntaría que, mentres ela investigaba a vida e a obra do seu infortunado parente, sentiu a necesidade de construír a súa novela e, quizais sen sospeitalo, foise descubrindo como narradora; para nós, os lectores, como unha orixinal narradora literaria. Rexina Vega acaba de entrar na Literatura pola porta grande.X. A. M.
novembro, 2007
Marcadores: Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais
A entrevista a Camilo Nogueira publicada en El País Galicia é unha análise moi lúcida sobre a posición que adopta o BNG no seo dos gobernos de coalición nos que participa. É moi oportuno o seu chamamento a que o BNG abandone as posicións melifluas de centro (que tanto confunden ao seu electorado e, dificilmente, moi poucos votos poden engadir), así como a necesidade de corresponsabilizarse das políticas das áreas do seu socio de goberno, tan decisivas para o proceso de construción nacional como a educación, a lingua, o medio ambiente ou a ordenación do territorio. Un chamamento sensato e leal, realizado dende a experiencia e do profundo coñecemento político de Camilo, no que deberían reparar os actuais dirixentes do Bloque para reorientar as súas políticas tanto no seo do Goberno galego como nos diferentes gobernos municipais de coalición.Marcadores: Autores, Ensaio, Entrevistas