13.6.05

LIX invisible?

Ten razón Martin Pawley que un periódico serio considera invisible a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil). Este foi o criterio que seguiron os responsables do BG. Neste caso, non debemos consideralo unha ofensa á nosa LIX; simplemente é a política consciente dun medio que dedica a este subxénero atención só dúas veces ao ano: o 2 de abril e durante a campaña de Nadal (a cota que consideran lle corresponde). No camiño da visibilidade da LIX aínda hai moito por facer, tanto aquí, coma fóra. Nesas andamos.

Marcadores:

1 Comments:

Blogger Martin Pawley said...

É certo que a LIX permanece invisíbel aos ollos dos grandes medios, que non pasan de considerala unha cousiña como moito simpática e en xeral irrelevante. Contodo, a LIX galega é importante dabondo dentro da nosa literatura como para merecer unhas liñas en calquera artigo, dossier ou especial sobre o tema. Cantos escritores galegos "para adultos" son traducidos a outras linguas e coñecidos mais alá do Bierzo? (O'Rivas, O'Suso) E cantos autores galegos de LIX hai con obra traducida ao español, ao catalán, ao euskera, ao portugués...? (Xabier, Agustín, Paco, Fina, Neira Cruz, etc etc etc)

Falamos de números, de tiradas, de vendas? Falamos de (grandes) premios acadados polos nosos autores? Falamos de ilustradores? Hai ou non hai razóns para aceptar que a LIX galega ten moita, moita, pero que moita importancia?

3:15 AM  

Postar um comentário

<< Home