Editor extravagante

Quedei razoablemente satisfeito da miña intervención no coloquio sobre poéticas do editor, aínda que despois das palabras preliminares de Guelbenzu comentando os libros de Korda e Unseld, quedei convencido, se tiña dúbidas, de que eu son un editor extravagante e a nosa unha editorial atípica.
Defendín con paixón o carácter vocacional e militante do noso oficio de panadeiros da cultura textual, idea cada vez menos popular nun gremio que semella, con honrosas excepcións, situarse irremediable nos brazos da diletancia do señor Mercado. Non se pode impedir dalgunha maneira que desaparezan as librarías de cultura? Non se pode evitar que os únicos criterios de edición sexan os que impoñan directivos ou responsables comerciais que non len os libros que publican ou venden? Quen vai editar, de seguir as cousas como semellan precipitarse, eses libros importantes que teñan consecuencias? A viaxe serviu para realimentarnos de coraxe e de autoestima (o presentador do coloquio dixo que "a nosa editora era un referente na edición española").
Marcadores: Editores
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home