Sobre o canon e os clásicos
Estou preparando unha intervención sobre a "editorial como canon". É unha boa oportunidade para reflexionar sobre o papel dos clásicos no catálogo e a identidade do proxecto editorial como modelo para autores e lectores.
A consideración dun conxunto de obras como "clásicos", como sinala Teresa Colomer, resulta necesaria para a sociedade e para a tarefa de formar a novos cidadáns. Todas as culturas, especialmente as que procuran a visibilidade, necesitan crear unha representación de coherencia interna e nesa construción as obras da súa tradición literaria constituíron sempre unha ferramenta de grande utilidade. Afirmación na que no fondo radica o paradoxo de que se procura estabilidade e coherencia nuns elementos –as obras literarias de calidade– que se caracterizan precisamente pola creación incesante de novas regras e formas artísticas.
Os clásicos serían, pois, referentes de cohesión cultural estables entre xeracións. Os poemas de Meendinho ou Rosalía, os contos de Dieste constituirían modelos canónicos seleccionados en función do criterio de conformación dunha literatura nacional, como a galega. Serían igualmente clásicos, A Divina Comedia, Hamlet, O Quixote ou Crime e castigo, en función do criterio da súa utilidade para expresar a vida dos seres humanos e a beleza da expresión artística literaria. Como o foron Orgullo e prexuízo, Madame Bovary, Lolita ou as Mil e unha noite, para Azar Nafisi no seu proxecto de demostrar as súas alumnas da Universidade de Teherán, durante a revolución dos ulemas, o poder vivificadro das obras literarias.
O editor non pode prescindir destas obras fortificantes, que, en palabras de Calvino, só se lerían por amor, mais sen esquececer de que non existe unha imaxe única e xerarquizada entre elas, xa que os diferentes cánones conviven, flúen, se relacionan, dialogan ou penetran uns noutros. Os criterios que cada editor empregue para incorporalos e o seu tratamento textual rigoroso será un dos principais elementos da súa identidade.

Marcadores: Cultura
2 Comments:
No meu blog, levamos uns días reflexionando sobre isto. Hai ideas interesantes.
Bo verán
Ben o vin. Subscribo boa parte da proposta.
Postar um comentário
<< Home