De volta
Seguindo o sabio consello de María non vou fardar do medio milleiro de fotos que fixen da viaxe nin enumerar o número de xeados, frapés, esprumatas e pizzas que catamos con entusiasmo.
De volta, o primeiro que fago para poñerme ao día é ler os faros atrasados e os bloglines de toda a semana. Atopo algunhas moi boas noticias (sobre todo a do nomeamento de Luis) e outras moi decepcionantes.
No artigo da semana intento chamar a atención sobre a alarmante situación da sinistralidade laboral, un tema do que, a pesar da súa gravidade, se fala moi pouco.

Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Sociedade
2 Comments:
A foto tráeme á memoria un cabreo considerábel que collín o ano pasado cando, na Feltrinelli de Bologna atopei esa tradución da novela de Manolo.
O título orixinal da obra en galego aparecía pequeniño na páxina de créditos. Era a única referencia en toda a edición (e cumpría saber lela) a que o libro non estaba escrito en español. Mesmo a tradución estaba feita (non sei en que parte do libro foi que o lin) a partir da versión española.
Dubido moito que non haxa en toda italia persoal capacitado para traducir do galego. O que pasa é que seguramente facía falta un pouco de vontade e respecto polo libro que se traducía.
Asumo a miña cota de responsabilidade colectiva no pouco respecto que a nosa lingua ten polo mundo adiante. Pero encantaríame saber que ten que dicir ao respecto o editor da edición orixinal.
Sinto o mal escrito que está o comentario anterior. Italia vai con maiúscula e por moito que repita a palabra "respecto" non vou conseguir que medre o que se ten do galego ni moito menos o pouco que se poda ter de min.
Postar um comentário
<< Home