20.9.05

Chegan as novidades

Son días bonitos estes nos que, despois do café da mañá, atopo na mesa as novidades co seu arrecendo a tinta aínda fresca. Este para min, a pesar de terse repetido cento de veces, é un momento de candorosa alegría. Estes días foron moi produtivos; velaí a chegada dos premios Xerais e Merlín, da novela de Marilar, dos ensaios de Helena, das kalendas de Xosé Lois, e hoxe dos poemas de formas clásicas de Ramiro. Axiña estarán todos nos andeis das librarías para comezar a nova tempada. Decontado comezarán as presentacións e as viaxes...

Marcadores:

1 Comments:

Blogger Gonzalo G. Barreñada said...

Por certo, a de Herba moura unha portada ben xeitosa!

Non sabes canto estraño o de poder "ir de librerías" en Galicia! Fáltame un mundo enteiro por ver...! Pero aquí teño aberta unha fiestra.

Graciñas, Brétemas.

11:59 AM  

Postar um comentário

<< Home