
Esta semana preparamos varios materiais impresos (entre eles unha antoloxía de verso e prosa) para o que será "
O Foro das 21 alocucións", unha homenaxe ao poeta
Lorenzo Varela que se celebrará en
Monterroso na vindeira fin de semana. A iniciativa dos actos correspondeu ao alcalde monterrosino,
Antonio Gato Soengas, e a unha comisión organizadora animada, entre outros, polo profesor
Xesús Alonso Montero,
Xosé Gregorio Ferreiro Fente e
Fernando Salgado García, os máis importantes biógrafos e coñecedores da figura do poeta de Fufín. Quizais o acto máis importante das dúas xornadas será, o previsto para o mediodía do sábado 24, as vinte e unha alocucións que diferentes persoas farán durante catro minutos sobre a vida e a obra de Lorenzo Varela. A homenaxe será inaugurada o venres pola Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e clausurada o sábado polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Un peche importante das celebracións que ao longo deste ano se lle renderon ao grande poeta do exilio.
Marcadores: Eventos
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home