Campo do Fragoso II
DISCIPLINA E PACIENCIA
Vázquez demostrou no Bernabeu que, contando con doses suficientes de concentración e paciencia no control do tempo de xogo, esta tempada o Celta fóra do Campo do Fragoso tamén pode ser un equipo temible. A proeza de batir na propia casa ao Madrid foi posible grazas a un primeiro cuarto de hora primoroso no que os de Fernando amosaron a súa vontade inequívoca de despregarse con valentía sobre o terreo, fuxindo de calquera táctica medúlica de achantarse diante de Pinto agardando as temibles xenialidades dos galácticos. A partir do primeiro gol de Contreras (daba xenio velo tan entusiasmado), o ritmo criterioso na distribución da pelota de Borja Oubiña (a pesar da súa escasa participación no encontro, cando tocou o fixo dunha banda a outra cunha autoridade asombrosa) e o traballo defensivo infatigable de Iriney e Sergio (o mellor dos celestes, impecable na colocación e no corte), permitiron as trasnadas intermitentes de Canobbio e facilitaron as constantes subidas ata o córner de Núñez, que toleou ao pobre de Roberto Carlos. Os medios capitalinos –embobados polas bicicletas espectaculares de Robinho (a verdade é que o rapaz paulista xoga de marabilla)– recorren vergonzosamente á actuación arbitral para xustificar o desconcerto do seu millonario equipo, incapaz (sobre todo dende a saída de Gravesen "o leñador") de facerlle fronte á disciplina táctica e á convicción dun cadro humilde como o noso. En Chamartín, o teimoso traballo en equipo arruinou a xenialidade das estrelas da radio.

Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
3 Comments:
Mourullo, non entro a discutir iso, nin sequera a xustificar que a pelota entrou (que na tele se ve claramente que non o fixo). Entendo que isot non abonda para xustificar o desconcerto do Madrid, que non foi quen de desfacer a tea, tan incómoda que foron tecendo os de Fernando. Un equipo de estrelas ten que sobrepoñerse a unha posible "inxustiza" arbitral. Por que non fala Segurola (un tipo que escribe de marabilla, sinto contradicirche que o vexo tan madridista como formalmente do Athletic) da falta non sinalada a Gustavo no segundo gol do Madrid ou da dubidosa posición de Baptista antes do seu proecioso remate de cabeza. Non pretendo nin podería ser totalmente obxectivo nos meus comentarios. Coñeces a alguén que o sexa neste terreo? Creo que é posible deixar campo aberto para o subxectivismo nestes eidos do simbólico. O fútbol, a pesar de que mova un negocio formidable, para os espectadores non deixa de ser un xogo de pelota que serve para consolarnos. Ou non?
Saúdos e obrigado polo teu comentario.
Desculpe, Mourullo. A lectura na pantalla do artigo Segurola, deixoume atrás a referencia que fai a Gustavo. Non teña medo en formar parte do clube de fans de Segurola, para min, xunto con Xosé Hermida, o autor das melloras crónicas futbolísticas. Novos saúdos.
Nós fomos mirar o partido a un bar aquí en Extremadura... e todo quisque pensaba que eramos do Barça :-P.
Menos o dono do bar, que coñecía a un dos meus amigos e o felicitou ao saír.
Saúdos.
Postar um comentário
<< Home