Nova reunión da Mesa polo Libro
A agardada nova reunión da Mesa polo Libro e a Lectura, que se realizou esta mañá, presidida pola Conselleira de Cultura e Deporte, non axudou a despexar todas as incógnitas que os axentes do sector do libro temos sobre a vacilante política do actual Goberno Galego sobre o libro galego e a promoción da lectura.
Tanto a Conselleira como o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural expresaron con claridade o seu compromiso de converter o libro galego nun sector estratéxico, así como en promover os traballos necesarios para acadar un Pacto Galego polo Libro, suscrito tanto pola Administración Autonómica e os axentes do sector como polos sindicatos, medios de comunicación e pola propia sociedade. Obxectivos importantes que todos os membros da Mesa compartimos esperanzados, asumindo a corresponsabilidade que supón un acordo destas características.
Porén, foron máis confusas as propostas que os responsables da Consellaría de Cultura fixeron sobre a tramitación dos textos das leis do Libro e a Lectura, de Bibliotecas e do Plan de Lectura, aprobados por unanimidade polos membros da Mesa, que, por mor do novo contexto político, volverán ser reconsiderados nos vindeiros tres meses polas diferentes comisións de traballo, así como a ser consultados con outros sectores. Adiarase así, indubidablemente, o inicio do súa tramitación e discusión parlamentaria (que quedará para comezos de 2006) e a súa probable aprobación (previsiblemente, nunca antes dun ano); ralentización que os editores consideramos preocupante dada a difícil situación que vive o sector, máis crítica se cabe dende a ampliación da modalidade de préstamo promovida pola Presidencia do Goberno Galego.
Non foron, tampouco, moito máis concretas as propostas de actuación inmediata presentadas polo Director Xeral: a elaboración dun plano de formación para os axentes do libro (especialmente dos mediadores); o traballo para acadar un acordo cos medios de comunicación (fundamentalmente os de titularidade pública) para que se comprometan coa tarefa de proporcionar máis información e maior visibilidade para o libro galego; a creación dun instrumento virtual (un grande portal) para a promoción do libro, a literatura galega e a lectura; a elaboración dun calendario anual do libro e a lectura en Galicia; a realización de campañas de animación e a creación dunha estrutura permanente de coordinación dos axentes do sector para traballar en común. Medidas todas elas interesantes, necesarias (quen o dubida?) e recollidas xa na súa maior parte nos textos aprobados pola Mesa con anterioridade, para as que, sen embargo, non se presentaron compromisos nin de calendario nin de dotación orzamentaria. Botamos en falta, que non se expresasen compromisos dotacionais dirixidos a reducir os déficits alarmantes de lectura pública (sequera nos vindeiros orzamentos de 2006, dada a precariedade obxectiva de recursos dos que dispón a Consellaría no presente exercicio), que se deberían tratar de paliar nunha converxencia cos indicadores europeos e doutras comunidades autónomas.

Con respecto ao problema suscitado pola ampliación da modalidade de préstamo do libro de texto, a reunión da Mesa limitouse a devolver a cuestión á Mesa Técnica de Gratuidade e a comprometerse a estudala na comisión de traballo do libro como industria.
En definitiva, os responsables da Consellaría de Cultura e Deporte amosaron diante da Mesa polo Libro o seu interese e sensibilidade co conxunto do sector do libro (feito moi valioso que recoñecemos e agradecemos sinceramente), mais, sen embargo, non concretaron cáles van ser as súas prioridades de actuación para un sector cada vez máis desanimado.

Ademais de participar activamente nos traballos anunciados hoxe das tres comisións da Mesa polo Libro (se cabe, con maior convicción e entusiasmo ca na lexislatura anterior), os editores e os nosos compañeiros libreiros agardamos ser recibidos, coa maior premura, polo Presidente da Xunta para presentarlle a nosa visión do estado do sector. Así mesmo, esperamos volver ser convocados para participar -xunto cos responsables das Consellarías de Educación, Industria, Cultura e da Secretaría Xeral de Política Lingüística- nos traballos da Mesa Técnica de Gratuidade, onde cremos é posible atopar, con vontade de diálogo, un modelo de gratuidade que aumente a calidade da educación e, ao mesmo tempo, potencie a industria do libro e a lectura na nosa lingua.
Os editores galegos estamos, pois, nunha situación de "impasse" que non se pode prolongar sine die. O Goberno Galego no seu conxunto debe facer explícito o seu compromiso de apostar polo sector do libro galego. Reiteramos unha idea que cremos clave neste proceso: unha política integral para o libro galego non é un gasto, é un investimento en coñecemento, en cohesión e identidade para o conxunto da nosa sociedade.
Marcadores: Cultura
5 Comments:
Xa ves, Bragado, o que dá de si a "política".
Moitas declaracións grandilocuentes, moita retórica, moita palabrería barata. Pero compromisos concretos, serios e efectivos, rien de rien. A cultura segue a ser concebida como un "luxo", non como unha necesidade.
Por desgraza, todo parece dar a razón á frase tan pesimista e derrotista: "Todos os políticos son iguais".
Porén, contra o pesimismo da razón, o optimismo da vontade. Agora ben, sinceramente un está xa farto de tanto optimismo da vontade, e quere ver xa cousas concretas e eficaces.
Queremos cambios políticos reais, progresistas, non máis do mesmo. Ou entón para que votamos?
Este comentário foi removido por um administrador do blog.

Este comentário foi removido pelo autor.
Postar um comentário
<< Home