
Pasei boa parte da tarde debullando esta espléndida
Historia del libro de
Frédéric Barbier que
Alianza porá nos andeis das librarías dentro duns poucos días. Concibida dende unha perspectiva interdisciplinar, e moi ancorada, quizais excesivamente, na cultura e tradición editorial francesas, a obra vai abordando tanto a evolución do soporte, dos materiais e dos procedementos cos que se foi confeccionando o libro ao longo da historia, como os aspectos literarios, económicos, sociais ou políticos que determinaron o seu progreso e a súa permanencia.
Interesáronme moito as notas eruditas á marxe, enchidas de citas e curiosidades, ademais dos aspectos referidos aos cambios no uso das tipografías ("en caso de dúbida, empregue
Caslon"), así como á evolución da tecnoloxía do papel e os procedementos de composición e impresión, aspectos que foron determinando a actual fasquía diso que chamamos libro. Como volume de referencia, recoméndoo aos profesionais da edición e aos amantes da historia da cultura impresa.
Marcadores: Historia, Libro
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home